Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Periódico galego

Lema:
Non lle poñadas tachas á obra… (Castelao)
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1944
Fin:
1945
Dirección
Rodolfo Prada;
Colaboración
F. Portela; Francisco A. de Nóvoa; J. González Ledo; Manuel Linares Rivas; Vázquez da Xesta; Castelao; Antón Alonso Ríos; Emilio Pita; Fermín Bouza Brey; José Moreno Villa; Ken Keirades; Manuel Lugrís Freire; Moisés da Presa; Ramón Otero Pedrayo; Xerardo Álvarez Gallego; Xosé Filgueira Valverde; Xosé Núñez Búa;
Comisión de prensa
Alfonso Fernández Prol; José A. Rodríguez; José Maturza; Luis Guede; Sergio Almar; Tomás Fernández; Enrique Gonzalez;
Periodicidade:
Quincenal
Idioma:
Bilingüe, con predominio do castelán
Formato:
42 x 28,5 cm
Extensión:
Variable, entre 4 e 8 páxinas
Redacción:
Belgrano, 2186. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Publicación editada polo Centro Orensano de Buenos Aires. Informa do labor societario da entidade editora e da situación da colectividade, caracterizándose polo seu enfrontamento coa Federación de Sociedades Gallegas e o proxecto de impulsar a unión das pequenas sociedades comarcais nos centros provinciais. Tamén presta unha especial atención ás novas de actualidade política, adoptando unha clara orientación galeguista e republicana. Destaca a sección "Panorama" na que se analiza a política internacional no contexto do final da Guerra Mundial e as posibilidades de caída do rexime franquista. Complétase con artigos sobre a provincia de Ourense, Galicia e a súa cultura e diversas colaboracións literarias
Observacións:
Santos Gayoso fala de dous xornais con este título
Ilustracións:
Escasas, algún debuxo, retratos e fotografías de actos da institución
Publicidade:
Escasa, anuncios de establecementos comerciais, profesionais, produtos de consumo, de actos das sociedades galegas de emigrantes
Relacionadas:
Ronsel. 1941 (Outro voceiro da mesma sociedade.); Opinión Gallega. 1945 (Ambas editadas polo Centro Orensano. Considérase Opinión Gallega como unha continuación de El Orensano.);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1944: n.º 1-4
1945: n.º 5-28