Repertorio da prensa da emigración galega

----

Asociación Mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Cincuentenario

Lugar:
Bos Aires
Inicio:
1968
Fin:
1968
Periodicidade:
Número único
Idioma:
Bilingüe, case toda en castelán agás algún poema ou texto literario en galego
Formato:
28,5 x 20,5 cm
Extensión:
44 páxinas
Contido:
A Asociación Mutualista Residentes de Vigo en Buenos Aires, fundada en 1918, edita esta revista con motivo do seu 50 aniversario fundacional. Nela inclúe artigos referidos á sociedade e á súa historia, programas de actos e unha descrición das actividades realizadas pola institución para celebrar esta efeméride. Dá conta das celebracións de datas destacadas no seo da colectividade galega como o Día de Galicia, ou o Día das Letras Galegas. Tamén contén informacións sobre a situación de Vigo e, en menor medida, de Galicia; tamén ten colaboracións literarias, referidas a maior parte á comarca de Vigo
Ilustracións:
Tres ou catro fotografías dos asistentes ao banquete de celebración do aniversario social
Publicidade:
Moi abundante, en case todas as páxinas aparecen un ou dous anuncios comerciais de negocios en Arxentina
Relacionadas:
Asociación Unión Residentes de los Ayuntamientos de Vigo y Lavadores. 1949 (Publicacións editadas pola mesma sociedade); Vigo en Buenos Aires. 1993 (Publicación da mesma entidade editada noutra época);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1968: decembro