El Eco de Teo

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Revista Mensual

Lema:
Por Galicia: Por el trabajador de la tierra gallega: Defiende los intereses colectivos del distrito electoral de Padrón
Entidade editora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1916
Dirección
Manuel Oliveira
Sinatura de artigos reproducidos
Concepción Arenal
Colaboración
A. Zapata García
D. Graña
Felipe Abeleira
J. Buela
J. Carballo Romero
Javier Insua
Julio de la Cuesta
Luis Sánchez Abal
Manuel Oliveira
Miguel Revestido
Xulio Díaz Miranda
José Costa
Secretaría de redacción
J. Buela
Periodicidade:
Mensual
Idioma:
Castelán, con algunha colaboración en galego
Formato:
27 x 18 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 24 páxinas
Prezo:
N.º solto: 0, 20 $
Contido:
Na asemblea do 26 de decembro de 1916 prodúcese unha escisión na Federación de Residentes de Teo, froito da cal é a aparición desta revista. Aínda que os seus contidos non difiren moito da revista Teo, obsérvase unha maior preocupación galeguista nesta revista, sobre todo nos seus colaboradores. Hai tamén información sobre a marcha das sociedades de emigrantes da comarca de Santiago e doutras zonas de Galicia existentes en Bos Aires (son as seccións «Nuestras sociedades» e «Sociedades Regionales»). Outras seccións serían «Temas de siempre», «Reflexiones» de J. Buela, ou «Orientaciones» de Cándido Mogo, entre outras.
Ilustracións:
Moi escasas, debuxos de Lourido na tapa dalgún número e fotografías de sociedade
Publicidade:
Moi abundante e localizada nas páxinas finais. Aparecen anuncios de pequenos comercios, bancos, produtos de consumo e da revista Suevia.
Relacionadas:
Teo. 1910 (Teo foi editada pola Federación de Residentes de Teo en Sudamérica. En 1916, hai unha escisión na Federación e o grupo que sae decide publicar unha nova revista que será El Eco de Teo cun carácter máis galeguista.)
Unión de Teo y Vedra. 1920 (Editado pola mesma entidade, pode considerarse unha continuación desta revista)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1916: n.º 1-10
1917: n.º 11-22
1918: n.º 23-24
1919: n.º 35-46
1920: n.º 47-58