Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
[1923]
Colaboración
Daniel Romero Busto
Gervasio Paz Lestón
J. Ozón
Jesús Liñeiro
José Liñeiro
L. Castro Pena
M. Oreiro
Manuel Pereira Santos
Pedro Toba
Gonzalo López Abente
Ramón Otero Pedrayo
Comisión de boletín
Benito Graíño
Gervasio Paz Lestón
Jacobo Ozón
Jesús Liñeiro Currás
José Pazos Castiñeiro
Ramón Lestón
Periodicidade:
Irregular. En 1928 pasa a ser cuadrimestral e co paso do tempo ten unha aparición semestral
Idioma:
Predominio do castelán, con algun artigo e colaboracións literarias en galego
Formato:
21 x 15 cm
Extensión:
40 páxinas
Financiamento:
Co recadado por publicidade e algunha achega da entidade
Redacción:
Pedro Echagüe, 2951. Bos Aires
Imprenta:
Talleres Gráficos "Argentinisches Tageblatt", Reconquista, 558-560. Bos Aires.
Contido:
Este boletín foi creado como “órgano oficial” da Sociedad Agraria y Cultural de los residentes del Distrito de Mugía en Arxentina, coa intención principal de informar aos seus socios do labor desenvolvido pola Comisión Directiva. Esta entidade fora fundada o 30 de xaneiro de 1923 por un grupo de exsocios, naturais de Muxía, da sociedade ABC del Partido Judicial de Corcubión, descontentos co seu funcionamento. Nas páxinas do boletín hai numerosas referencias á ABC e ás disensións que teñen ambas as dúas asociacións, rexeitando a súa posible fusión.
A publicación societaria foi fundada en 1923 pero despois de editar tres números tivo un parón debido a problemas de financiamento. En 1928 retómase, co número 4, a súa publicación grazas aos ingresos obtidos pola publicidade de numerosos negocios de muxiáns residentes na capital arxentina.
Ademais de informar das actividades sociais (celebración das festas patronais, festivais, comidas campestres, axudas aos socios necesitados etc.), dedica moitas das súas páxinas a tratar o tema da educación no concello natal. Para eles a cultura, conseguida grazas á educación, é prioritaria para o desenvolvemento da súa terra e mandan axudas ás escolas das parroquias de Muxía, moi abandonadas polo Estado. Na sección "Hablan los maestros" publica cartas e artigos dos mestres contando a realidade da escola que dirixen e solicitando axudas á colectividade muxiá emigrada. Ademais hai numerosas mencións a recollida de fondos dende América que se enviarán para o mantemento dos edificios escolares, a compra de materiais e mobiliario ou os premios ao alumnado. Tamén hai colaboracións e artigos de temática agrarista, como a de Juan Rof Codina, analizando o problema agrario e gandeiro galego e achegando pautas para a súa modernización.
Conta cunha ampla sección de "Ecos de Sociedad", onde aparecen os nacementos dos fillos dos socios, bautizos, compromisos matrimoniais e casamentos, tanto en Arxentina como en Muxía, viaxes dos socios a Galicia, falecementos de socios ou familiares etc. Aparece unha relación das diferentes directivas e comisións encargadas de levar a cabo as finalidades dos seus estatutos e unha nómina de todos os socios por parroquias. Tamén recolle informacións do distrito de Muxía e numerosas colaboracións literarias e artigos de temática variada sobre Galicia.
Observacións:
Os números conservados no AEG son unha doazón de Manuel Vilar a quen lle agradecemos a súa colaboración
Ilustracións:
Numerosas fotografías de actos institucionais e dos socios da entidade ("Galeria infantil", enlaces, retratos de socios etc.) e vistas da vila e parroquias de Muxía e tamén de Galicia
Publicidade:
Abundante, con anuncios de establecementos comerciais, panaderías, produtos de consumo, profesionais etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1928: n.º 4, 5
1929: n.º 6-8
1930: n.º 9-11
1931: n.º 12,13
1932: n.º 14,15
1933: n.º 16,17
1934: n.º 18

números