Subtítulo:
Revista do Centro Galego de Barcelona
Entidade editora:
Lugar:
Barcelona
País:
España
Data de inicio:
1/3/1982
Ano de inicio:
1982
Dirección:
Daniel Pérez Guerra;
Colaboración:
Feliciano Martínez; Humberto de Acevedo; Julio Castelo; Luis Suárez; Manuel Blanco Castro; Manuel R. López; Pilar Corredoira; Xulio de Abral; Basilio Losada ; Francisco Fernández del Riego ;
Periodicidade:
Bimensual
Idioma:
Integramente en galego, pero a editorial advirte que é unha Sociedade bilingüe e que poden publicar os artigos en castelán. Tamén inclúe notas animando a falar e escribir en galego
Formato:
30 x 21 cm
Extensión:
20-24
Redacción:
Rambla de Capuchinos, 35-37. Barcelona
Imprenta:
Algraf, Sepúlveda, 121. Barcelona.
Contido:
Revista de Sociedade, que pretende difundir: "calquer idea que teña que ver cos nosos temas, co amor á terra e á galeguidade […] A revista do C. G. tenta servir a os socios, a os galegos en Catalunya, a galeguidade en xeral, e a nosa Terra". Atende principalmente a informar dos aspectos societarios da mesma e da actualidade da colectividade galega en Barcelona ("Galegos en Catalunya", "A directiva informa", "Masa coral", etc.). A publicación tamén trata temas galegos, en xeral: literatura, lingua, cultura, política, historia, emigración, etc. ("Galegos universais", "Gramática Galega", etc.)
Ilustracións:
Fotografías de sociedade e institucionais e abundantes debuxos de temática variada
Publicidade:
Numerosos anuncios, espallados por toda a revista. Trátase de anuncios comerciais, de inmobiliarias, etc.
Números consultados:
1982: n.º 1-4
1983: n.º 5-10
1984: n.º 11-16
Relacionadas:
Alborada. [2ª época], 1948 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.)
Centro Galego de Barcelona. 1978 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.)
Centro Gallego de Barcelona. 1990 (Outro voceiro do Centro Gallego de Barcelona.)
Referencias bibliográficas:
SANTOS GAYOSO, E. (1990): Historia de la Prensa Gallega: 1800-1986, Sada, Ediciós do Castro, p. 837
BLANCO CAMPAÑA, X. L. (1996): Radio e prensa na Galicia Exterior, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, p. 190
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Biblioteca da Fundación Penzol , Biblioteca da Real Academia Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1984: n.º 12-14