Terra e Tempo

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Voceiro da Unión do Pobo Galego
Entidade editora:
Lugar:
París
País:
Suíza Francia
Data de inicio:
1/5/1971
Ano de inicio:
1971
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Galego
Formato:
29 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 9 e 16 páxinas
Tiraxe:
En 1971-72 é de 100-200 exemplares. En 1973-74 é de 400-500 exemplares
Lugares de distribución:
Europa: Francia, Suíza, Alemaña, Italia, Portugal, Países Baixos, Bélxica, Inglaterra, Noruega e Suecia América: Uruguai, Arxentina, Brasil, Venezuela, México, Cuba, Estados Unidos, Canadá
Redacción:
París. Illa de Francia
Xenebra. Xenebra
Imprenta:
París. Illa de Francia.
Xenebra. Xenebra.
Contido:
Revista nacionalista, voceiro da Unión do Pobo Galego, que ten como obxectivos: "A nivel das relacións internacionais da UPG de informar ó conxunto dos movementos dos pobos asoballados da Europa, sobor da loita do pobo galego; A nivel da emigración galega a Europa e América de lles informar das loitas do seu pobo pola liberación nacional e social de Galicia". O voceiro tamén tiña como obxectivo a axitación e organización dos emigrantes galegos cara a posturas solidarias e de loita coas clases traballadoras galegas. Os artigos teñen un contido altamente político, centrados no nacionalismo galego, e reinvindicativos da liberación social e nacional de Galicia e da clase traballadora e moi críticos coa situación política de Galicia.
Observacións:
Anteriormente editaronse algúns números en México e Venezuela
Ilustracións:
Non ten
Publicidade:
Non ten
Números consultados:
1971: marzo, maio, xullo, nadal
1972: marzo, maio, xullo, setembro, nadal
1973: xaneiro, marzo, xuño, xullo, agosto
1974: xaneiro
Relacionadas:
Denuncia. 1965 (Publicación editada como precedente, coa mesma ideoloxía)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega , Fundación 10 de marzo. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1971: maio, xullo, nadal
1972: marzo, maio, xullo, setembro
1973: nadal-xaneiro, marzo, xuño-xullo, agosto
1974: xaneiro