Subtítulo:

Voceiro da Irmandade Galega na Suíza

Entidade editora:
Lugar:
Xenebra
País:
Suíza
Inicio:
1977
Colaboración
Antón Gayoso
Manuel Domínguez
Pura Catalá
Raúl Moreno
Ricardo Sarmiento
Xoán Anllo
Xosé A. Martínez
Periodicidade:
Cuadrimestral
Idioma:
Galego
Formato:
Follas grampadas e mecanografadas, 30 x 21 cm.
Extensión:
Variable, entre 16 e 22 páxinas
Contido:
Publicación societaria que combina a información sobre a entidade editora con diversos traballos de carácter cultural, recollidos en seccións como "Follas culturais do noso pobo", "Voces na cultura galega" etc., que abordan preferentemente aspectos de literatura. Hai tamén unha serie de traballos de carácter histórico (as nacións celtas, historia de Galicia, pedagoxías do século XX etc.). Complétase con diversos artigos políticos, manifestos, actividades realizadas en Suíza pola AN-PG e sobre a actualidade galega.
Observacións:
Blanco Campaña sinala a súa saída en 1974
Ilustracións:
Moi escasas e dispersas. Son debuxos e fotografías políticas, e no caso das fotos tamén de carácter institucional (equipo de fútbol da Irmandade).
Publicidade:
Normalmente non ten. Ocasionalmente pode aparecer un ou dous anuncios comerciais.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1978: n.º 3-5
1979: n.º 6-8