Subtítulo:
Centro Gallego Puerto la Cruz
Lugar:
Puerto La Cruz
País:
Venezuela
Data de inicio:
1/9/2001
Ano de inicio:
2001
Colaboración:
Manuel García González; Manuel Soto Arveláez; Maximilian Kopp M.;
Periodicidade:
Irregular
Idioma:
Castelán, con algún texto literario en galego
Formato:
Revista. Cor. 28 x 21 cm.
Extensión:
Entre 24 e 30 páxinas
Redacción:
Puerto La Cruz. Anzoátegui
Imprenta:
California Graphics, Puerto La Cruz. Anzoátegui.
Contido:
Revista societaria editada para conmemorar o aniversario social da entidade editora. Ademais de promocionar e difundir o labor do Centro Gallego en Puerto la Cruz, dan a coñecer a historia e a realidade de Galicia pero tamén da súa terra de acollida. Informan das actividades organizadas para celebrar o aniversario e fan un percorrido pola historia do centro.
Ilustracións:
Fotografías do Centro Gallego, dos seus directivos e socios en diversas actividades societarias.
Publicidade:
Abundante e variada (colexios, empresas relacionadas coa construción, negocios diversos como bares e restaurantes, tendas de alimentación, de confección, imprentas etc.).
Números consultados:
2001: n.º 1
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2001: n.º 1 (41 aniversario)
2009: n.º 2 (49 aniversario)