Repertorio da prensa da emigración galega

----

Galicia avui - Galicia hoxe

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Lugar:
Sabadell
Época:
1ª época
Inicio:
2001
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Bilingüe, con predominio do galego e algún texto en catalán.
Formato:
Folleto, páxinas satinadas dunha soa cor. 21 x 15 cm.
Extensión:
Variable, entre 30 e 36 páxinas
Redacción:
Sabadell. Barcelona
Imprenta:
Sabadell. Barcelona.
Contido:
Esta publicación societaria está editada con motivo da celebración da XIª Festa das autonomías para informar aos socios do Centro Galego Nós de Sabadell do programa de actividades que están organizadas para esa festa e na que participan diversas asociacións de españois asentados en Cataluña. Ademais dun saúda do seu presidente, hai algunha colaboración literaria e artigos sobre os grupos folclóricos e asociacións que colaboran na festa.
Ilustracións:
Algunhas fotografías das actividades festivas.
Publicidade:
Moi numerosa, con anuncios de todo tipo de negocios en case toda a publicación.
Relacionadas:
Centro Galego Nós de Sabadell. 1998 (Publicación da mesma entidade); Nós. 1999 (Publicación vinculadas coa mesma entidade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
2001: n.º 1
2003: n.º 3
2007: maio-xullo