Repertorio da prensa da emigración galega

----
Subtítulo:

Revista ilustrada de información social
Revista del Centro Unión Hijos del Partido Judicial de Negreira

Lugar:
Bos Aires
Época:
1ª época
Inicio:
1941
Dirección
Pascual Barros;
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Castelán, con algúns textos literarios en galego
Extensión:
Variable, entre 36 e 50 páxinas
Redacción:
México, 1660. Bos Aires
Imprenta:
Bos Aires. Arxentina.
Contido:
Esta revista societaria foi creada para informar aos socios da entidade editora das actividades da sociedade, así como das noticias e historia do seu concello natal e de Galicia. Conta con diversas seccións fixas como as memoria e balance económico da entidade, listas de novos socios, crónicas do banquete social polo aniversario, "galería infantil", "necrolóxicas". Tamén hai poemas e artigos literarios, contos e notas da actualidade social e cultural galega
Ilustracións:
Numerosas fotografías de socios e das súas familias (enlaces, galería infantil etc.), dos directivos e colaboradores; tamén dos actos societarios e de paisaxes galegas
Publicidade:
Abundante, distribuídos por toda a revista aparecen anuncios de negocios de todo tipo (hostalaría, peluquerías, xastrerías, farmacias, panadarías etc.), fábricas de mobles, bancos e casas de cambio etc.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1945: n.º 5
1946: n.º 6
1947-48: n.º 7
n. 5

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 5 5/1945
n. 6 12/1946
n. 7 12/1948