Repertorio da prensa da emigración galega

----

Acción Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:

Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina

Lugar:
Bos Aires
Época:
2ª época
Inicio:
1944
Fin:
1944
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Bilingüe, predominando o castelán
Extensión:
8 páxinas, agás o n.º 17 que ten 16.
Contido:
A Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina comezou a publicar o seu voceiro oficial en 1930, coa cabeceira de Galicia. Na súa longa traxectoria tivo diversos problemas de carácter político e xurídico e para eludilos os seus dirixentes optaron por cambiar de nome a publicación durante un tempo. En 1944 retomou unha antiga cabeceira e pasou a chamarse Acción Gallega, co mesmo ideario. Concede unha especial atención a informar sobre a Federación e as sociedades que a integran. Conta con artigos e comentarios sobre a situación española e galega tras a guerra civil española, e manifesta unha clara oposición á política franquista. Aparecen noticias de Galicia e da situación da colectividade emigrante. Tamén inclúe artigos literarios e culturais. Tras este período de meses volve editarse coa cabeceira Galicia.
Ilustracións:
Retratos de persoeiros da colectividade vinculados ideoloxicamente coa entidade editora e tamén españois. Fotografías de edificios societarios ou paisaxes de Galicia. Hai algunhas viñetas ou reproducións de debuxos e caricaturas.
Publicidade:
Anuncios comerciais e de negocios en case todas as páxinas e tamén publicidade dos actos festivos ou societarios das entidades que integran a Federación.
Relacionadas:
Acción Gallega. 1926 (Esta publicación tomou o seu nome deste xornal editado pola Federación nos anos 20 e 30); Galicia [Bs As 1930]. 1930 (Esta publicación cambiou a súa cabeceira durante uns meses de 1944 por motivos políticos); Boletín de las Sociedades Gallegas Federadas. [1ª época], 1943 (Publicados pola mesma entidade);
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1944: n.º 1-18
n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1 1/4/1944
n. 2 8/4/1944
n. 3 15/4/1944
n. 4 22/4/1944
n. 5 29/4/1944
n. 6 6/5/1944
n. 7 13/5/1944
n. 8 20/5/1944
n. 9 27/5/1944
n. 10 3/6/1944
n. 11 10/6/1944
n. 12 17/6/1944
n. 13 24/6/1944
n. 14 1/7/1944
n. 15 8/7/1944
n. 16 15/7/1944
n. 17 22/7/1944
n. 18 29/7/1944