Acción Gallega

Colección: Repertorio da prensa da emigración galega;
Subtítulo:
Órgano de la Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
1/4/1944
Data de fin:
29/7/1944
Ano de inicio:
1944
Ano de fin:
1944
Periodicidade:
Semanal
Idioma:
Bilingüe, predominando o castelán
Extensión:
8 páxinas, agás o n.º 17 que ten 16
Contido:
A Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina comezou a publicar o seu voceiro oficial en 1930, coa cabeceira de Galicia. Na súa longa traxectoria tivo diversos problemas de carácter político e xurídico e para eludilos os seus dirixentes optaron por cambiar de nome a publicación durante un tempo. En 1944 retomou unha antiga cabeceira e pasou a chamarse Acción Gallega, co mesmo ideario. Concede unha especial atención a informar sobre a Federación e as sociedades que a integran. Ten artigos e comentarios sobre a situación española e galega tras a guerra civil española, e manifesta unha clara oposición á política franquista. Aparecen noticias de Galicia e da situación da colectividade emigrante. Tamén inclúe artigos literarios e culturais. Tras este período volve editarse coa cabeceira Galicia
Ilustracións:
Retratos de persoeiros da colectividade vinculados ideoloxicamente coa entidade editora e tamén españois. Fotografías de edificios societarios ou paisaxes de Galicia. Hai algunhas viñetas ou reproducións de debuxos ou caricaturas
Publicidade:
Anuncios comerciais e de negocios en case todas as páxinas e tamén publicidade dos actos festivos ou societarios das entidades que integran a Federación
Números consultados:
1944: n.º 1-18
Relacionadas:
Acción Gallega. [2ª época], 1926 (Esta publicación tomou o seu nome deste xornal editado pola Federación nos anos 20 e 30)
Galicia. 1930 (Esta publicación cambiou a súa cabeceira durante uns meses de 1944 por motivos políticos)
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1944: n.º 1-18