Andaina [1ª época]

N.º 0 - n.º 6: Revista do movemento feminista-Galicia.
N.º 7 - n.º 8: Revista do movimento feminista.
N.º 9 - n.º 24: Revista do Movimento Feminista Galego
Preséntanse aquí os 24 números e os tres especiais que compoñen a primeira época da revista Andaina subtitulada Revista do movimento feminista-Galicia (1983-1991). Escrita integramente en galego, ademais de contar coa colaboración de especialistas e estudosas en diferentes áreas de investigación, traballo e coñecemento, os seus contidos e debates teñen que ver coas estratexias, críticas e accións das mulleres integradas nos diferentes grupos e colectivos con actividade en Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Ourense, Vigo, Arousa e Pontevedra que na década de 1980 deron en conformar unha rede de relacións coñecida como Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas. Difundir e animar o debate en torno ás posicións e teorías feministas existentes dentro e fóra de Galicia, denunciar as situacións de violencia, desigualdade e discriminación que lles acontecen ás mulleres, recoller novas propostas, recuperar a memoria e a historia son algunhas das cuestións abordadas nunha revista con clara conciencia de país.
Resumo
Publicación trimestral, ilustrada, editada en Santiago de Compostela e potenciada polas organizacións que deron en conformar a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas. Nace co obxectivo de dar voz á produción de todas as mulleres e organizacións feministas que queiran participar. A revista fornece un espazo crítico para o debate, o pensamento, a memoria e a acción feminista en todos os ámbitos de relacións sociais. Aborda temas relevantes para o movemento feminista en cada momento o que a converte nunha importante fonte documental. Na primeira época, que vai desde 1983 a 1991, presentase co subtítulo Revista do Movemento Feminista – Galicia e abrangue un total de 24 números e tres especiais. Os catro primeiros números están impresos en tinta violeta sobre papel branco e a partir dos números 5 e 6, ambos realizados en tinta negra sobre papel rosa, estabiliza a tipografía e o formato de cabeceira. Do número 7 en diante presenta papel estucado a cor na portada e contraportada e emprega o branco e negro nos interiores; a partir do número 11 emprégase a maqueta característica deseñada por Uqui Permui.
Ficha
Lugar: Santiago de Compostela, España . Publicación impresa. Entidade editora: Asociación Galega da Muller de/do Ferrol. Publicación impresa. Entidade editora: Asociación Galega da Muller de Ourense. Publicación impresa. Entidade editora: Asociación Galega da Muller "Pan e Rosas" de Santiago de Compostela. Publicación impresa. Entidade editora: Asamblea de Mulleres de Arousa. Publicación impresa. Entidade editora: Asamblea de Mulleres de A Coruña. Publicación impresa. Entidade editora: Asamblea de Mulleres de Pontevedra. Publicación impresa. Entidade editora: Coordinadora Feminista de Vigo. Publicación impresa. Entidade editora: Grupos de Mulleres da Universidade. Publicación impresa. Entidade editora: Movimento Feminista Galego . Publicación impresa. Entidade editora: Grupos de Mulleres "Donicela" de Vigo. Data: 1983-1991. Periodicidade: Trimestral. Idioma: Galego. Formato: 27 números. N.º 0 - n.º 1: 21,05 cm ancho x 31,05 cm alto. N.º 2: 21 ancho x 29,05 alto. N.º 4: 22,03 ancho x 30 alto. N.º 5: 22,03 ancho x 32 alto. N.º 6: 21,05 ancho x 31,03 alto. N.º 7 a 24 e 3 especiais: 21 ancho x 30 alto. Extensión: Entre 15 e 30 páxinas. Ilustracións: Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con certo recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos. Prezo: N.º 1 - n.º 11 descoñecido, n.º 12 - n.º 14 e n.º 16 = 150 pts, n.º 15 e n.º 17 - n.º 24 = 200 pts. Comezo-cese: N.º 0 (xan. 1983) - n.º 24 (xuñ. 1991). Época: 1ª época. Tiraxe: Entre 250 e 300 exemplares. Financiamento: Fondos propios, publicidade, subscricións, venda. Lugares de distribución: Venda e subscricións. Publicidade: Publicidade de locais e establecementos como bares, librerías ou perruquerías. Observacións: O n.º 3 non existe. A colección conta con 24 números máis tres especiais: 8 marzo de 1985 e 1986 e 11 de outubro de 1986. Relacionado: Andaina. [2ª época. 2ª xeira], (Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de dúas xeiras); Andaina. [2ª época 1ª xeira], 1991 (Esta cabeceira ten dúas épocas e a segunda delas componse de dúas xeiras);
Exemplares
Portada Número Pax. Ver Descargar
n. 4 1ª época n. 4 ( 1983)
16
n. 0 1ª época ( 1/ 1983)
12
n. 1 1ª época n. 1 ( 3/ 1983)
16
n. 2 1ª época n. 2 ( 5/ 1983)
16
n. 5 1ª época n. 5 ( 1984)
16
n. 6 1ª época n. 6 ( 5/ 1984)
16
n. Especial 8 de marzo 1ª época n. Especial 8 de marzo ( 8/ 3/ 1985)
4
n. 7 1ª época n. 7 ( 5/ 1985)
24
n. 8 1ª época n. 8 ( 11/ 1985)
20
n. 9 1ª época n. 9 ( 1/ 1986)
24
n. Especial 8 de marzo 1ª época n. Especial 8 de marzo ( 8/ 3/ 1986)
4
n. 10 1ª época n. 10 ( 5/ 1986)
24
n. Especial 11 de outubro 1ª época n. Especial 11 de outubro ( 11/ 10/ 1986)
8
n. 11 1ª época n. 11 ( 2/ 1987)
24
n. 12 1ª época n. 12 ( 6/ 1987)
28
n. 13 1ª época n. 13 ( 11/ 1987)
28
n. 14 1ª época n. 14 ( 3/ 1988)
32
n. 15 1ª época n. 15 ( 6/ 1988)
32
n. 16 1ª época n. 16 ( 12/ 1988)
24
n. 19 1ª época n. 19 ( 1989)
28
n. 17 1ª época n. 17 ( 3/ 1989)
28
n. 18 1ª época n. 18 ( 6/ 1989)
28
n. 20 1ª época n. 20 ( 3/ 1990)
44
n. 21 1ª época n. 21 ( 7/ 1990)
32
n. 22 1ª época n. 22 ( 12/ 1990)
28
n. 23 1ª época n. 23 ( 3/ 1991)
28
n. 24 1ª época n. 24 ( 6/ 1991)
36
Referencias bibliograficas
Andaina”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 14.
“Andaina 1983-1998”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 20 (maio 1998), p. 32-33.
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
“Enquisa sobre o interese da existencia da revista Andaina”. Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 14-17.
GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
“Hemeroteca Andaina”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 10.
“Facer Andaina”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 13.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
Fondos depositados en
Consello da Cultura Galega. . ; ;
Ver índice documentadoÍndice documentado de Andaina.
Revista do movemento feminista galego
[1ª época]

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Comisión de igualdade
Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariam Mariño Costales

Documentación
Adina Mocanu
Jennifer Rodríguez

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)
Ana Romaní

Agradecementos
Andaina de Mulleres
Nanina Santos Castroviejo
Teresa Navarro Quinteiro
Encarna Otero Cepeda