A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----

Festa da palabra silenciada

Colección: A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+;
Preséntanse aquí un total de 29 números da revista Festa da palabra silenciada editados entre 1983 e 2013, e máis o monográfico publicado en 2014, que pecha a colección. Trátase dunha revista potenciada polas compoñentes de Feministas Independentes Galegas (FIGA). Ten como obxectivos promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista nos ámbitos da teoría, as ciencias sociais, as artes e a política, e a potenciación e visibilización da creación das mulleres, en particular, na literatura e as artes visuais sobre todo en Galicia e tamén alén das súas fronteiras. Neste sentido conta coa colaboración de especialistas e investigadoras nas cuestións propostas e de creadoras galegas do eido das artes visuais.
Subtítulo:

Publicación galega de mulleres

Lugar:
Vigo
Inicio:
1983
Fin:
[2014]
Comezo-cese:
n.0 (mai. 1983) - n. 29 (2013) / monográfico (nov. 2014)
Periodicidade:
Anual
Idioma:
Galego
Formato:
28 números ata a data. N.º 0: 21 cm ancho x 29,05 cm alto. n.º 3 e seguintes: 22,03 ancho x 23,07 alto
Extensión:
Entre 60 e 170 páxinas
Prezo:
N.º 0 = 350 pts [?], n.º 2 - n.º 3 = 300 pts, n.º 4 en adiante indeterminado
Lugares de distribución:
Venda e distribución pola institución coeditora (Concello de Vigo ata o n.º 28)
Financiamento:
Ata o n.º 9, fondos propios. A partir do n.º 9, subvención da Concellería da Muller do Concello de Vigo. A partir do nº 29, subvención da Xunta de Galicia.
Contido:
Publicación anual ilustrada, promovida e editada en Vigo desde 1983 por Feministas Independentes Galegas (FIGA). O seu obxectivo é promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista nos ámbitos da teoría, as ciencias sociais, as artes e a política, así como potenciar e visibilizar a creación das mulleres, en particular, na literatura e as artes visuais.
A partir do número 14, a palabra “silenciada” que aparece na cabeceira minimízase xa que as editoras consideran que se viron cumpridas parte das súas reivindicacións e a partir dese número inclúen a participación de homes na revista.
Co número 2 fíxase o deseño de maqueta característico da revista e a súa estructura estandarízase a partir do número 3 e inclúe as seguintes seccións: tema monográfico, miscelánea de artigos, crítica literaria e creación.
As coordinadoras do número 0 foron Isabel Mouriz e María Xosé Queizán. Esta última será a única coordinadora desde o número 2 ata o 13 e a súa directora a partir do número 14. Margarita Ledo Andión é a deseñadora da revista que, a partir do número 2, presenta o seu formato característico con portada en cor e impresión en branco e negro.
Observacións:
O n.º 1 non existe. A partir do n.º 14 pasou a ter por título Festa da palabra.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con certo recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos.
Publicidade:
Non ten publicidade
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
26 números (10/6/14). O n.º 13 só está depositado en versión dixital. O formato orixinal do nº 29 é dixital.
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Guillermo Manuel Corral Manzano
Adina Mocanu
Jennifer Rodríguez
Wiosna Szukała

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)
Ana Romaní

Agradecementos
Concello de Vigo
Festa da palabra silenciada
Teresa Navarro Quinteiro
María Xosé Queizán
Ana Romaní Blanco