Hemeroteca

...

A Saia. Publicacións periódicas feministas

Hemeroteca

Festa da palabra silenciada

Preséntanse aquí os oito primeiros números da revista Festa da palabra silenciada editados entre 1983 e 1991. Trátase dunha revista potenciada polas compoñentes de Feministas Independentes Galegas (FIGA). Ten como obxectivos promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista nos ámbitos da teoría, as ciencias sociais, as artes e a política, e a potenciación e visibilización da creación das mulleres, en particular, na literatura e as artes visuais sobre todo en Galicia e tamén alén das súas fronteiras. Neste sentido conta coa colaboración de especialistas e investigadoras nas cuestións propostas e de creadoras galegas do eido das artes visuais.

Lugar
Vigo
Subtítulo
Publicación galega de mulleres
Data de inicio
1983-05-00
Periodicidade
Anual
Idioma
Galego
Formato
28 números ata a data. N.º 0: 21 cm ancho x 29,05 cm alto. n.º 3 e seguintes: 22,03 ancho x 23,07 alto
Número de páxinas
Entre 60 e 170 páxinas
Prezo
N.º 0 = 350 pts [?], n.º 2 - n.º 3 = 300 pts, n.º 4 en adiante indeterminado
Lugares de distribución
Venda e distribución pola institución coeditora (Concello de Vigo ata o n.º 28)
Contido
Publicación anual ilustrada, promovida e editada en Vigo desde 1983 por Feministas Independentes Galegas (FIGA). O seu obxectivo é promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista nos ámbitos da teoría, as ciencias sociais, as artes e a política, así como potenciar e visibilizar a creación das mulleres, en particular, na literatura e as artes visuais. A partir do número 14, a palabra “silenciada” que aparece na cabeceira minimízase xa que as editoras consideran que se viron cumpridas parte das súas reivindicacións e a partir dese número inclúen a participación de homes na revista. Co número 2 fíxase o deseño de maqueta característico da revista e a súa estructura estandarízase a partir do número 3 e inclúe as seguintes seccións: tema monográfico, miscelánea de artigos, crítica literaria e creación. As coordinadoras do número 0 foron Isabel Mouriz e María Xosé Queizán. Esta última será a única coordinadora desde o número 2 ata o 13 e a súa directora a partir do número 14. Margarita Ledo Andión é a deseñadora da revista que, a partir do número 2, presenta o seu formato característico con portada en cor e impresión en branco e negro.
Observacións
O n.º 1 non existe. A partir do n.º 14 pasou a ter por título Festa da palabra.
Publicidade
Non ten publicidade
Ilustracións
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con certo recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos.
Referencias bibliograficas
ABELLA, Enma: “Festa da palabra silenciada”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 2 (maio 1992), p. 59.
BERMÚDEZ, Silvia: “Festa da Palabra y el canon literario gallego contemporáneo: la labor (des)mitificadora de Chus Pato y Ana Romaní”, Letras galegas en Deusto: dez anos de estudios galegos, 1991-2001, coords. María Luz Suárez e Isabel Seoane. Bilbao, Universidade de Deusto, 2001, p. 33-44.
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: “O feminismo independente”, O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
Festa da palabra silenciada”, Gran Enciclopedia Galega, v. 18, 2004, p. 10-11.
GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
GONZÁLEZ, Helena: “Il potere del triangolo: Festa da palabra silenciada”, Intensive Program I saperi delle donne, Università del Salento, Lecce, 2014. Preprint. Ligazón [última consulta 07/11/2014]
NAVAZA, Teresa: “Festa da palabra silenciada, nº 3, xaneiro 1986. Especial Francisca Herrera Garrido”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 10 (maio-xuño 1986), p. 23.
NAVAZA, Teresa: “Festa da palabra silenciada, nº 4 especial Xohana Torres”, Andaina. Revista do movemento feminista, nº12 (xuño-xullo 1987), p. 12.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
“Parabéns a Festa da palabra silenciada”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 56 (2010), p. 56-58.
QUEIZÁN, María Xosé: “Festa da palabra silenciada: independencia, insumisión e solidariedade”, Andaina. Revistas galega de pensamento feminista, nº 6 (1993), p. 54-55.
QUEIZÁN, María Xosé: “Unha festa poética”, Festa da palabra silenciada, nº 16 (2001), p. 2.
Fondos depositados en
Consello da Cultura Galega. CI/PP-FES
26 números (10/6/14). O n.º 13 só está depositado en versión dixital. O formato orixinal do nº 29 é dixital.

Comezo-cese
n.0 (mai. 1983) - n. 29 (2013) / monográfico (nov. 2014)
Financiamento
Ata o n.º 9, fondos propios. A partir do n.º 9, subvención da Concellería da Muller do Concello de Vigo. A partir do nº 29, subvención da Xunta de Galicia.
Indice documentado
Índice documentado de Festa da palabra silenciada
Créditos
Ver os créditos

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Comisión de igualdade
Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariam Mariño Costales

Documentación
Adina Mocanu
Jennifer Rodríguez

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)
Ana Romaní

Agradecementos
Concello de Vigo
Festa da palabra silenciada
Teresa Navarro Quinteiro
María Xosé Queizán
Ana Romaní Blanco

Exemplares

Portada Número Pax. Ver Descargar
n. 00 n. 00 (5/1983)
32
n. 02 n. 02 (3/1985)
58
n. 03 n. 03 (1/1986)
52
n. 04 n. 04 (2/1987)
82
n. 05 n. 05 (12/1988)
130
n. 06 n. 06 (9/1989)
174
n. 07 n. 07 (9/1990)
168
n. 08 n. 08 (12/1991)
162