A Saia

No marco da chamada terceira onda do movemento feminista, a revista A Saia. Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego que aquí se presenta cumpre un papel histórico fundamental no contexto galego ao ser a primeira revista feminista editada integramente en galego e con consciencia de país entre marzo de 1982 e xaneiro de 1983 en Compostela. Son as mulleres compoñentes do Colectivo Feminista Independente Galego (CFIG), as encargadas de editar os dous números que completan a colección e nos que elas propias ou colaboradoras especializadas nos temas propostos, abordan temas culturais, sociais e políticos desde olladas críticas feministas e, máis concretamente, desde o feminismo da diferenza.

Publicación anual en galego, ilustrada, editada en Santiago de Compostela co subtítulo Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego. Publícanse dous números: marzo de 1982 e xaneiro de 1983. A revista, situada na liña do feminismo da diferenza, pretende ser un espazo crítico para o debate e o pensamento feministas en xeral e para a creación literaria e artística das mulleres en concreto. Trátanse temas como a sexualidade, relacións persoais, poder e nacionalismo. Ten formato de boletín de 8 páxinas, e imprímese a unha soa cor. Recolle ilustracións de elaboración propia e de artistas.
Lugar
Santiago de Compostela, España
Subtítulo
Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego
Data de inicio
28/02/1982
Data de fin
31/12/1982
Fundación
Periodicidade
Anual
Idioma
Galego
Formato
2 números. N.º 0: 21,05 ancho x 30 alto. N.º 1: 21,05 ancho x 31,05 alto
Número de páxinas
8 páxinas
Prezo
50 pesetas
Lugares de distribución
Venda
Enderezo da redacción
Publicidade
Non ten publicidade
Ilustracións
Abondosos debuxos e viñetas de creación propia. Engade ademais fotografías e cadros.
Referencias bibliograficas
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: “O feminismo independente”, O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
Fondos depositados en
Consello da Cultura Galega. .

Comezo-cese
N.º 0 (mar. 1982) - n.º 1 (xan. 1983)
Financiamento
Fondos propios
Editorial
Colectivo Feminista Independente Galego
Indice documentado
Índice documentado de A Saia. Boletín do Colectivo Feminista Independente Galego
Créditos
Ver os créditos

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Comisión de igualdade
Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariam Mariño Costales

Documentación
Adina Mocanu
Jennifer Rodríguez

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)
Ana Romaní

Agradecementos
Pascuala Campos de Michelena
Isabel Mouriz Barja
Teresa Navarro Quinteiro

Exemplares

Portada Número Pax. Ver Descargar
n. 0 ( 3/ 1982)
n. 1 n. 1 ( 1/ 1983)