A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 12 números de Area. Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas, publicados entre maio de 1987 e o verán de 1993. A partir do número 5 a revista adopta progresivamente a normativa reintegracionista. En 1990 publícanse dous números 6 debido a unha ruptura interna na organización feminista. Isto ten o seu reflexo nunha pugna pola titularidade das siglas, a cabeceira e a norma lingüística a empregar que se resolve en favor das que apostan pola continuidade no uso do galego-portugués (o n. 6), mentres que a escisión opta polo galego oficial e publican un único número, que aquí presentamos como n. 6-bis. Area é, entón, unha publicación da organización Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), que ten como obxectivo promover o feminismo nacionalista, favorecer a participación das mulleres na propia publicación e actuar como voceiro da organización. Os eixos de debate son: os dereitos e a vida das mulleres, a sexualidade, o ámbito laboral, o independentismo, o pacifismo, a emigración e o desenvolvemento.
Subtítulo:

N.º 1 : Revista das Mulleres Nacionalistas Galegas.
N.º 2 a n.º 4 e n.º 6-bis: Revista de Mulleres Nacionalistas Galegas
N.º 5 n.º 6: Mulheres Nacionalistas Galegas
N.º 8 a n.º 11: Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas

Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
Inicio:
1987
Fin:
1993
Comezo-cese:
N. 1 (mai. 1987) - n. 11 (xuñ. 1993)
Periodicidade:
Irregular (semestral ou anual)
Idioma:
galego
Formato:
Números 1, 8-11: 29,60 cm alto x 21 cm ancho Números 2-7: 25 cm alto x 21,50 cm ancho
Extensión:
Entre 12 e 36
Financiamento:
Fondos propios e publicidade.
Contido:
Publicación ilustrada de tiraxe irregular (semestral ou anual) das Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), organización creada en 1986 por militantes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que conta cunha representante no consello nacional da organización. As MNG, en defensa da súa autonomía e identidade como grupo feminista, deciden desvincularse do BNG en 1987, logo de publicar o primeiro número da revista Area. Situadas ideoloxicamente na liña do Movemento de Livertaçom Nacional (MNL). A revista sitúase na liña do feminismo nacionalista, independentista, anticapitalista e de denuncia das diversas formas de opresión e colonización das mulleres e dos pobos. A aparición de dous números 6 en 1990, un deles en galego reintegrado e outro en galego oficial, constatan unha ruptura dentro da organización feminista que vai acompañada da pugna pola titularidade das siglas e máis da cabeceira da revista. O primeiro número está impreso en Vigo e os seguintes en Santiago de Compostela ou Ferrol. Presenta tres formatos en canto a tamaño e cores. O número 1 está impreso en branco e negro; entre o 2 e o 8 teñen feitura cadrada e pasan a ter portada a cor. Os números 9 a 11 recuperan o formato do primeiro número con portada a cor.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, obra de artistas con máis ou menos recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos.
Publicidade:
Publicidade de locais e establecementos como bares, librerías ou perruquerías.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1 a 11, todos orixinais menos o 5 e o 7, fotocopiados.
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
Centre de Recerca ADHUC–Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona


Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Mariám Mariño Costales
Guillermo Manuel Corral Manzano

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Ilustracións)

Agradecementos
Luisa Ocampo
Centro de documentación e recursos feministas de Vigo

n. 01

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 01 5/1987
n. 02 12/1987
n. 03 3/1988
n. 04 7/1988
n. 05 3/1989
n. 06 2/1990
n. 6-bis 7/1990
n. 07 3/1991
n. 08 3/1992
n. 09 6/1992
n. 10 3/1993
n. 11 6/1993