Preséntanse aquí os 11 números de Area. Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas, publicados entre maio de 1987 e o verán de 1993. A partir do número 5 a revista adopta progresivamente a normativa reintegracionista. Trátase dunha publicación da organización Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), que ten como obxectivo promover o feminismo nacionalista, favorecer a participación das mulleres na propia publicación e actuar como voceiro da organización. Os eixos de debate son: os dereitos e a vida das mulleres, a sexualidade, o ámbito laboral, o independentismo, o pacifismo, a emigración e o desenvolvemento.
Subtítulo:
N.º 1 : Revista das Mulleres Nacionalistas Galegas.
N.º 2 a n.º 4: Revista de Mulleres Nacionalistas Galegas
N.º 5 n.º 6: Mulheres Nacionalistas Galegas
N.º 8 a n.º 11: Revista de Mulheres Nacionalistas Galegas
Entidade editora:
Lugar:
Santiago de Compostela
País:
España
Data de inicio:
5/1987
Data de fin:
6/1993
Ano de inicio:
1987
Ano de fin:
1993
Comezo-cese:
N. 1 (mai. 1987) - n. 11 (xuñ. 1993)
Periodicidade:
Irregular (semestral ou anual)
Idioma:
galego
Formato:
Números 1, 8-11: 29,60 cm alto x 21 cm ancho Números 2-7: 25 cm alto x 21,50 cm ancho
Extensión:
Entre 12 e 36
Financiamento:
Fondos propios e publicidade.
Contido:
Publicación ilustrada de tiraxe irregular (semestral ou anual) das Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG), organización que se vincula durante un tempo ao Bloque Nacionalista Galego (BNG), sen perder a súa identidade e autonomía, e logo ao Movemento de Livertaçom Nacional (MNL). A revista sitúase na liña do feminismo nacionalista, independentista, anticapitalista e de denuncia das diversas formas de opresión e colonización das mulleres e dos pobos. O primeiro número está impreso en Vigo aínda que algúns dos seguintes aparecen en Santiago de Compostela ou Ferrol. Presenta tres formatos en canto a tamaño e cores. O número 1 está impreso en branco e negro; entre o 2 e o 8 teñen feitura cadrada e pasan a ter portada a cor. Os números 9 a 11 recuperan o formato do primeiro número con portada a cor.
Ilustracións:
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con máis ou menos recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos.
Publicidade:
Publicidade de locais e establecementos como bares, librerías ou perruquerías.
Números consultados:
1 a 11
Referencias bibliográficas:
“Area”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 161.

BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995.

FREIRE LESTON, Xose Vicenzo: A prensa de mulleres en Galicia 1841-1994, Edições Lusófonas, Lisboa, 1996.

GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
1 a 11, todos orixinais menos o 5 e o 7, fotocopiados.
Indice documentado:
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Comisión de igualdade
Centre de Recerca ADHUC–Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona


Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Mariám Mariño Costales
Guillermo Manuel Corral Manzano

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Ilustracións)

Agradecementos
Luisa Ocampo