A Saia. Publicacións periódicas feministas

----

Andaina [2ª época. 1ª xeira]

Preséntanse aquí os 22 números de Andaina. Revista galega de pensamento feminista, que conforman a primeira xeira da segunda época desta publicación (1991-1998), que se presenta baixo a dirección de Ana Arellano. Cos cambios producidos na estrutura, no deseño, formato e número de páxinas da revista procúrase acadar un público máis amplo. Mantén o obxectivo de difundir e animar o debate entorno ás posicións, accións, denuncias, propostas e teorías feministas existentes dentro e fóra de Galicia, denunciar situacións de violencia, desigualdade e discriminación, en particular os que atinxen ás mulleres e persoas LGTB, recoller novas achegas, recuperar a memoria e a historia.

Publicación trimestral, ilustrada, editada en Santiago de Compostela. Primeira xeira dunha segunda época da revista Andaina que presenta nova numeración e cambios no seu subtítulo, formato, número de páxinas e estrutura. O seu obxectivo é reforzar a revista como punto de encontro das voces e tendencias do feminismo, dar testemuño dos acontecementos, actos e denuncias protagonizadas por mulleres e acadar un público máis amplo. Como consecuencia disto, a revista segue a ser un referente documental do movemento e debates feministas. A segunda época de Andaina, leva o subtítulo de Revista galega de pensamento feminista. Esta primeira xeira da segunda época vai de 1991 a 1999 e abrangue un total de 22 números. Presenta unha directora, Ana Arellano, e un consello de redacción. A estrutura da revista mantén as seccións “Denuncias e comentos”, dossier temático, entrevista e crítica cultural (libros, cine, televisión, teatro e música). Engade apartados de notas breves onde se comentan novas, declaracións e citas: “Celebridades”, “O falar non ten cancelas” e “Referencias de aquí e dacolá”. Aparece unha páxina, “Perfís”, para dar a coñecer diferentes organizacións e créanse espazos específicos para facer memoria de mulleres destacadas: a partir do número 2 a contraportada, con fotografía e nota biográfica; e a partir do número 3, a sección “Recuperar a memoria”. Nalgúns números aparecen seccións específicas de cartas, xardinería, cociña e crítica literaria. O deseño e maquetación segue a cargo de Uqui Permui e a maioría das imaxes son de Mónica Couso ou do arquivo da revista. Todos los números presentan papel estucado a cor na portada e contraportada e emprega o branco e negro nos interiores.
Lugar
Santiago de Compostela, España
Subtítulo
Revista galega de pensamento feminista
Data de inicio
30/11/1991
Data de fin
30/11/1998
Fundación
Periodicidade
Cuadrimestral
Idioma
Galego
Formato
23,70 cm ancho x 23,70 cm alto
Número de páxinas
Entre 40 e 60 páxinas
Prezo
N.º 1 - n.º 4 = 400 pts; n.º 4 – n.º 22 = 500 pts
Lugares de distribución
Venda e subscricións
Enderezo da redacción
Publicidade
Publicidade de locais, organizacións, establecementos como bares, librerías ou perruquerías, e institucións: Concellería da muller. Concello de Santiago de Compostela (n.º 3 – n.º 22), Xunta de Galicia (n.º 5 – n.º 6), Concellería da Muller. Concello de Vigo (n.º 5 – 16)
Ilustracións
Contén ilustracións de nova creación, outras de artistas con máis ou menos recoñecemento e algúns artigos engaden gráficos
Referencias bibliograficas
“Andaina”, Gran Enciclopedia Galega, v. 3, 2004, p. 14.
“Andaina 1983-1998”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 20 (maio 1998), p. 32-33.
BLANCO, Carmen: “Primeiras revistas feministas galegas”, Festa da palabra silenciada, nº7 (outono 1990), p. 93.
BLANCO, Carmen: “A Saia e as revistas de mulleres”, Mulleres e independencia, Ediciós do Castro, Sada 1995, p. 109-112.
BLANCO, Carmen: O contradiscurso das mulleres. Historia do feminismo, Nigra, 1995, p. 138-140.
“Enquisa sobre o interese da existencia da revista Andaina”. Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 14-17.
GONÇALVES DEVESA, Natalia: Estudo analítico e formal das publicações feministas galegas. Investigación presentada na Escola de Arte e Superior de Deseño de Ourense, 2004. CD Inédito.
“Hemeroteca Andaina”, Andaina. Revista galega de pensamento feminista, nº 36 (inverno 2003), p. 10.
“Facer Andaina”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 8 (novembro-decembro 1985), p. 13.
“Publicacións feministas”, Andaina. Revista do movemento feminista galego, nº 7 (maio 1985), p. 23.
Fondos depositados en
Consello da Cultura Galega. .

Comezo-cese
N.º 1 (dec. 1991) - n.º 22 (1999)
Época
Primeira xeira da segunda das dúas épocas da revista
Tiraxe
Entre 250 e 300 exemplares
Financiamento
Fondos propios, publicidade, subscricións, venda
Indice documentado
Índice documentado de Andaina. Revista galega de pensamento feminista (1991-1998)
Créditos
Ver os créditos

Créditos

UN PROXECTO DE:
Consello da Cultura Galega. Comisión de igualdade
Centre de recerca Teoria, Gènere, Sexualitat (ADHUC), Universitat de Barcelona (antes: Centre Dona i Literatura, Universitat de Barcelona)

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariam Mariño Costales

Documentación
Guillermo Manuel Corral Manzano
Adina Mocanu
Jennifer Rodríguez

Base de datos
Kike Benlloch

Desenvolvemento e deseño
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Jose Lens (Imaxes)
Ana Romaní

Agradecementos
Andaina de Mulleres

Exemplares

Portada Número Pax. Ver Descargar
n. 01 1ª xeira, 2ª ep. n. 01 ( 12/ 1991)
60
n. 02 1ª xeira, 2ª ep. n. 02 ( 3/ 1992)
68
n. 03 1ª xeira, 2ª ep. n. 03 ( 7/ 1992)
72
n. 04 1ª xeira, 2ª ep. n. 04 ( 12/ 1992)
64
n. 05 1ª xeira, 2ª ep. n. 05 ( 4/ 1993)
64
n. 06 1ª xeira, 2ª ep. n. 06 ( 7/ 1993)
64
n. 07 1ª xeira, 2ª ep. n. 07 ( 12/ 1993)
60
n. 08 1ª xeira, 2ª ep. n. 08 ( 4/ 1994)
60
n. 09 1ª xeira, 2ª ep. n. 09 ( 7/ 1994)
60
n. 10 1ª xeira, 2ª ep. n. 10 ( 12/ 1994)
60
n. 11 1ª xeira, 2ª ep. n. 11 ( 4/ 1995)
52