Présentase aquí os 4 números de Enboga, publicados entre outubro de 1999 e o primeiro semestre de 2001 (aparece co gallo do 28 de xuño). Informa de accións e novas relacionadas coa lesbofobia e a igualdade de dereitos no ámbito legal, social, lúdico e sexual. Nas diversas seccións da revista evidénciase a constitución de xenealoxías lésbicas coa creación dun dicionario, numerosos perfís biográficos e una sección de cultura que incide nos modelos lésbicos positivos e públicos. Fomenta particularmente os contactos entre lesbianas e as relacións con outras organizacións (Colectivo Gai de Compostela, CGLOu, LEGAIS, Milhomes).
Lugar:
Santiago de Compostela
País:
España
Data de inicio:
10/1999
Data de fin:
6/2001
Comezo-cese:
N.º 1 (out.1999) – n.º 4 (primeiro semestre 2001)
Formato:
21 cm alto x 14,70 cm ancho
Extensión:
Entre 16 e 32.
Tiraxe:
Fondos propios e publicidade.
Lugares de distribución:
Locais de ocio de Santiago de Compostela.
Contido:
Boletín de periodicidade irregular editado por BOGA-Colectivo de Lesbianas de Galicia para a información das accións da organización, debate de temas específicos da comunidade como a sida, a adopción, a bisexualidade, a lesbofobia e os avances na igualdade de dereitos, así como para favorecer o contacto entre lesbianas. A partir do número 3 organízase en seccións. Ilústrase con fotografías. Presenta cartolina rosa en portada e contraportada, interiores en papel branco e está impreso en negro. Está redactado integramente en galego.
Ilustracións:
Fotografías.
Publicidade:
Locais e establecementos como bares e restaurantes.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 1 a 4
Créditos
UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
Centre de Recerca ADHUC–Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Mariám Mariño Costales
Base de datos
Kike Benlloch
Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)