Preséntanse aquí os 25 números de Voces de Queempostela, editados entre abril de 1996 e setembro de 1999 polo Colectivo Gai de Compostela (CGC). Trátase dunha publicación non feminista mais vinculada aos debates e redes dos feminismos que permite, ademais, cartografar unha parte do movemento lésbico en Galicia. Os seus obxectivos son a difusión das actividades do propio colectivo, a denuncia de casos de homofobia e a información de accións a prol dos dereitos nos ámbitos legal, social, lúdico, sexual e a participación en campañas anti-SIDA. Destaca particularmente das accións das organizacións de lesbianas e gais con actividade en Galicia e no resto da Península Ibérica como BOGA-Colectivo de Lesbianas de Galicia, Colectivo de Lesbianas Independientes Nosotras Tal Como Somos (CLI-NTCS), LEGAIS, Milhomes, CGLOu, GALEGA, COFLHEE, Clube Safo, ILGA-Portugal, Xente Gai Astur… Inclúe notas sobre publicacións LGTB (S’homos, Fluxos).
Subtítulo:
N.º 1 :
N.º 2 a n.º 20: Folleto mensual de información. Editado polo Colectivo Gai de Compostela
Nº 21 a n.º 24 : Boletín mensual de información. Editado polo CGC
N.º 25: Folleto de información mensal. Editado polo CGC
Lugar:
Santiago de Compostela
País:
España
Data de inicio:
4/1996
Data de fin:
25/9/1999
Comezo-cese:
N.º 1 (abr. 1996) - n.º 25 (set. 1999)
Idioma:
Está redactada íntegramente en galego; na sección de contactos inclúense anuncios en castelán.
Formato:
Números 1, 8 - 11: 29,60 cm alto x 21 cm ancho
Números 2 - 7: 25 cm alto x 21,50 cm ancho
Extensión:
Ten extensión de dúas páxinas en branco e negro. A partir do número 21 ten catro páxinas e novas seccións.
Financiamento:
Fondos propios, publicidade, subvencións.
Contido:
Folla informativa mensual editada polo Colectivo Gai de Compostela (CGC). Recolle novas de actualidade dos ámbitos organizativo, social e lexislativo e dá conta de accións reivindicativas en Compostela e Galicia (denuncias contra a homofobia, accións antiSida, debates e festas).
Ilustracións:
A partir do número 10 ilústrase con fotografía homoerótica.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 1 (abr. 1996) - n.º 25 (set. 1999)
Créditos
UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
Centre de Recerca ADHUC–Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Guillermo Manuel Corral Manzano
Mariám Mariño Costales
Base de datos
Kike Benlloch
Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)