A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntase aquí os 10 números localizados de Abrente. Voceiro da Secretaría da Muller da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG), publicados entre 1986 e 1994. Non se localizou o número 3. Ao longo de toda a súa traxectoria publica, cando menos, un número co gallo do 8 de marzo. Trátase dun voceiro sindical, nacionalista e de clase que pretende recoller as denuncias e reivindicacións das traballadoras. As súas páxinas permiten seguir conflitos laborais e a precarización das obreiras en empresas concretas, en particular dos sectores máis feminizados, como a conserva, o téxtil, a limpeza, as perruquerías, as garderías, así como a situación das labregas. Ofrece novas da organización e das actividades internacionais.
Subtítulo:

N. 0 a n. 9 Voceiro da Secretaría da Muller da INTG
N. 10 Voceiro da Secretaría da Muller da CIG

Lugar:
Vigo
Inicio:
1986
Fin:
[1994]
Comezo-cese:
N. 0 (marzo 1986) - n. 10 (marzo 1994)
Periodicidade:
Irregular. Todos os anos publica un número co gallo do 8 de marzo.
Idioma:
Galego
Formato:
N. 1 a 8: 32 cm alto x 22 cm ancho N. 9 e 10: aproximadamente 30 cm alto x 21 cm ancho
Extensión:
Entre 4 e 12
Prezo:
De balde
Lugares de distribución:
Locais da INTG e CIG
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Publicación sindical de periodicidade irregular ilustrada editada pola Secretaría da Muller da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG).
Nos dous primeiros anos aparece con periodicidade cuadrimestral e a partir do número 6 pasa a anual. Non se documenta ningún número nos anos 1991 e 1992; nos fondos do FESGA identifícanse as dúas entregas máis recentes como núm. 9 (1993) e núm. 10 (1994). O número 10 leva como subtítulo Secretaría da Muller da Confederación Intersindical Galega (CIG). Na primeira xeira, ata 1990, vai impresa a tinta lila sobre papel branco e inclúe un directorio da INTG. Nos números da segunda xeira, de 1993 e 1994 non consta o número nin o ano da publicación; mudan de deseño, formato e sobre papel branco presenta titulares impresos en lila e textos en negro.
Ilustracións:
Fotografías e debuxos
Publicidade:
Carece
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinais: números 0, 1, 2, 4, 5, 7, 8
Fotocopiados: números 6, 9, 10
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat/Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Mariám Mariño Costales
Susana Guitar Novo

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Asesoramento
Susana Guitar Novo (Arquivismo e documentación)
Agradecementos
FESGA
Central Intersindical Galega (CIG)
Uxío Breogán Diéguez
Marga Corral Sánchez
Ester Mariño Costales
Manuel Mera
Biblioteca de Galicia