Preséntase aquí o único número recuperado de Maria Soinha, con data de publicación aproximada de 1996. Trátase dun boletín de denuncia feminista que conta con numerosas ilustracións e banda deseñada de elaboración propia e información da organización que o edita, o Frente Feminista de Ferrol Maria Soinha (nos comezos María Solinha). Este grupo de loita feminista autónoma, independente, revolucionaria e utópica, creada a comezos de 1994 por exmilitantes da AGM, ten como obxectivo «dar umha resposta teórica e prática ao avanço da reaçom e à subtil assimilaçom do feminismo polo sistema imperante» (tirado do comunicado de presentación, con data 18/02/1994).
Lugar:
Ferrol
País:
España
Notas:
O ano de inicio é aproximado.
Formato:
Número 2?: 15 cm. ancho x 21,10 cm. alto
Financiamento:
Fondos propios.
Contido:
Fanzine de denuncia feminista con periodicidade descoñecida edita polo Frente Feminista de Ferrol Maria Soinha. Impreso en negro sobre papel de cor salmón cos cantos da dereita recortados e textos manuscritos. Está redactado integramente en galego.
Observacións:
O ano de inicio é aproximado.
Ilustracións:
Debuxos e bandas deseñadas.
Publicidade:
Non ten publicidade.
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .
Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Un único número depositado, suponse que é o segundo mais non se sabe con certeza.
Créditos
UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
Centre de Recerca ADHUC–Teoria, Gènere, Sexualitat, Universitat de Barcelona
Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales
Documentación
Mariám Mariño Costales
Base de datos
Kike Benlloch
Web
Miguel Alonso Fachado