A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Preséntanse aquí os 4 números de O Aturuxo, editados entre xaneiro e xuño de 1981 pola Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG). Integrada na Coordinadora de Frentes de Liberación Homosexual del Estado Español (COFLHEE), agrupaba núcleos existentes en Santiago de Compostela, Vigo, Ourense e A Coruña. Trátase dunha publicación gai, lésbica e de esquerdas que permite seguir as actividades dos movementos a prol da diversidade sexual en Galicia, no Estado Español e no ámbito internacional. Os seus obxectivos son contribuír de maneira determinante á loita pola liberación sexual, a denuncia da homofobia e o machismo, e a difusión dos debates do feminismo lésbico.
Subtítulo:

Boletín da Coordinadora de Colectivos Gais de Galicia (CCGG)

Lugar:
Vigo
Inicio:
1981
Fin:
1981
Comezo-cese:
N.º 0 (xan.1981) – n.º 3 (xuño 1981)
Periodicidade:
irregular
Idioma:
galego e castelán
Formato:
31,90 cm. alto x 22 cm. ancho
Extensión:
Entre 4 e 16
Prezo:
de balde
Financiamento:
Fondos propios, subscricións
Contido:
Boletín da Coordinadora de Colectivos Gai de Galicia (CCGG), que formaba parte da Coordinadora de Frentes de Liberación Homosexual del Estado Español (COFLHEE). Inclúe novas sobre accións e reivindicacións a prol da liberdade sexual nos ámbitos social e organizativo, particularmente as que levan a cabo as organizacións galegas. Recolle denuncias por homofobia e contra a moral sexual heteronormativa. Publica 4 entregas no primeiro semestre de 1981. As dúas primeiras destacan a palabra “unitario” na cabeceira. Todos os números van ilustrados con imaxes de campañas realizadas, retallos de xornais e documentación do propio movemento, así como fotografías e debuxos de creación homoerótica e feminista. No número 1 aparece a sección “Lesbianismo”, que, a partir do número 2, se indica co debuxo dunha bolboreta. Redactada habitualmente en galego, inclúe textos en castelán. Está impreso a unha tinta e o volume de páxinas aumenta en cada número. Non recibe subvencións, carece de publicidade; a partir do número 2 inclúe boletín de subscrición. No exemplar localizado do número 3 faltan as páxinas 10 e 11.
Observacións:
Datos extraídos dun orixinal do n.º 1. O exemplar manexado do n.º 3, fotocopiado, carece das páxinas 10 e 11.
Ilustracións:
fotografías, imaxes de campañas e deseños
Publicidade:
ningunha
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
Orixinal do n.º 1
Fotocopiados: n.º 0, n.º 2 e un n.º 3 que carece das páxinas 10 e 11.
Doazón dos fondos ao CCG de Mariám Mariño Costales.
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat / Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

n. 0

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 0 1/1981
n. 1 2/1981
n. 2 4/1981
n. 3 6/1981