A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+

----
Présentase aquí o único número localizado de Lua nova, publicado, probablemente, en 1986, pola Asociación Galega da Muller de Ferrol (AGMF). Xorde co obxectivo de informar e xerar debate sobre a actualidade feminista e da organización. Fai un chamamento ás mulleres para colaborar no boletín.
Subtítulo:

Asociación Galega da Muller de Ferrol

Lugar:
Ferrol
Inicio:
[1986]
Idioma:
Galego
Formato:
32,20 cm. alto x 21,80 cm. ancho
Extensión:
3
Financiamento:
Fondos propios
Contido:
Boletín de periodicidade descoñecida editado pola Asociación Galega da Muller de Ferrol (AGMF) a partir de 1986 (data atribuída). Ten como obxectivo dar a coñecer e informar sobre o ideario da AGM, difundir as actividades da organización, xerar debate contra o patriarcado e espallar as actividades e opinións feministas. O número localizado está impreso en multicopista, tinta negra sobre papel branco, páxinas grampadas e carece de ilustracións. Aparece redactado integramente en galego.
Observacións:
O ano de inicio é aproximado.
Ilustracións:
Carece
Publicidade:
Carece
Depósito dos fondos:
Consello da Cultura Galega. .

Fondos dispoñibles no Consello da Cultura Galega:
N.º 1
Créditos:

Créditos

UN PROXECTO DE:
Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Consello da Cultura Galega.
ADHUC—Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat / Universitat de Barcelona

Coordinación e edición
Helena González Fernández
Mariám Mariño Costales

Documentación
Susana Guitar Novo
Mariám Mariño Costales

Base de datos
Kike Benlloch

Web
Miguel Alonso Fachado

Agradecementos
Andaina de Mulleres

n. 1

Números dispoñibles

NÚM DATA RESUMO ÍNDICE
n. 1