Radiodifusión galega na emigración

----

Una hora con Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Entidade promotora:
Lugar:
Azul
País:
Arxentina
Inicio:
1993
Compoñente
Omar Rancez; Amancay R. Campo; Delia Y. Núñez;
Condución
Delia Y. Núñez;
Comisión de boletín
Salustiano Gómez;
Periodicidade:
semanal (domingo)
Idioma:
castelán
Contido:
Programa galego. O Centro Gallego de Azul concedeu unha grande importancia á utilización da radio como ferramenta comunicativa posta ao servizo do colectivo ao que representaba, até o punto de que entre os seus obxectivos fundacionais se incluía a creación dun programa propio. Os integrantes da subcomisión de Cultura da entidade converteron en realidade este proxecto no ano 1993 coa posta en antena da audición Una Hora con Galicia, que como indica o seu nome era unha radiorevista de contidos galegos, e a participación noutro espazo denominado Punto de Encuentro, ao que tamén lle facilitaban contidos. Ambas iniciativas difundíanse semanalmente pola emisora local FM Universal R98, grazas á contribución de Julio C. López, director propietario da emisora e asociado do Centro, que cedeu desinteresadamente o tempo para a realización destas actividades radiofónicas.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 527.
SIXIREI PAREDES, Carlos: Galeguidade e cultura no exterior, p. 111.
FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Enrique: «Asociacionismo galego en Arxentina», en Asociacionismo Galego no exterior, T. I. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, p. 369.