Lembrando a Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Emisora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1996
Dirección
Osvaldo Pérez
Silvia Bun
Periodicidade:
semanal (venres)
Idioma:
galego
Extensión:
Inicialmente unha hora, no segundo mes dúas horas, a partir do terceiro mes tres horas (21:00-00:00)
Contido:
Programa galego, o primeiro da nosa emigración en se incorporar a Internet. Fíxoo ao ano seguinte da súa posta en antena -que tivo lugar en 1996-. Con esta cabeceira os seus responsables querían renderlle homenaxe á emblemática audición de Maruxa Boga, que foi a que lles serviu como referencia e inspiración para crear a súa propia. O programa localizouse nos seus inicios en Avellaneda, Bos Aires, tendo como un dos seus principais obxectivos a conexión en directo de Galicia e Arxentina durante unha hora, por iso en cada entrega se visitaba un enclave distinto de Galicia, brindándolle a palabra ao alcalde do mesmo. Algunhas fontes apuntan que xa desde os seus primeiros anos de funcionamento Lembrando a Galicia tivera moi boa acollida entre o público, o que levou aos seus responsables a ampliar o horario de emisión de unha hora a unha hora e media tras os dous primeiros meses de emisión, e a tres a partir do cuarto mes. Mais o verdadeiro salto na súa proxección produciríase coa mudanza do programa e dos seus responsables a Galicia, desde onde o retomaron baixo unha fórmula ata entón inédita: un espazo que se fai conxuntamente para a radio e a televisión, e que tamén tiña presenza na rede a través da súa páxina web e do seu blog.
Observacións:
Emisión a través de Internet
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 532.