Radiodifusión galega na emigración

----

arte y cultura Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1939
Fin:
[1945]
Condución
Maruxa Villanueva;
Periodicidade:
diaria
Idioma:
castelán
Contido:
Programa promovido pola popular actriz Maruja Villanueva, representou para a colectividade galega de Bos Aires a culminación dunha iniciativa radiofónica con identidade propia para a colectividade galega e o establecemento dun modelo de referencia para o desenvolvemento deste tipo de experiencias. Durou uns seis anos aproximadamente, unha lonxevidade maior que a de propostas previas.
Na emisora LR2, que na década anterior acollera as Tertulias literarias de Xavier Bóveda, Villanueva xa viña colaborando desde 1938. A cadea ontaba co apoio de importantes firmas publicitarias, entre as que se contaba o patrocinador do programa, descrito pola condutora como “un señor que era franquista pero tíñalle un grande amor á terra”.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 217-225.
PÉREZ RODRÍGUEZ, Luís: Fernando Iglesias “Tacholas”. Un actor auriense na Galicia Ideal. Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1996, p.47.