Radiodifusión galega na emigración

----

La Hora Iberoamericana / Audición Iberoamericana

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1932
Fin:
[1937]
Condución
Manuel Núñez Búa;
Periodicidade:
diaria nos seus primeiros anos, xoves e domingos despois
Idioma:
castelán
Extensión:
60 minutos (19:30-20:30 en LR7, 12:45-13:45 e 21:30-22:30 en LR6)
Financiamento:
Probablemente os contidos galegos os custeaba a Federación de Sociedades Gallegas de Bos Aires, xa que contaba cunha sección regular
Contido:
Promovido pola familia Bernotti e conducido polo locutor pioneiro da radiodifusión galega, Manuel Núñez Búa, La Hora Iberoamericana é o programa radiofónico da emigración española en América máis antigo do que se ten noticia e tamén o primeiro espazo en incluir temas galegos nos seus contidos de forma regular. Por el pasaron numerosos intérpretes naturais de Galicia radicados en Bos Aires, entre os que se destaca o actor de orixe ourensán, Fernando Iglesias 'Tacholas'. “Alí saía a voz de ‘Tacholas’ o aire, todos os xoves e domingos, contando contos, teatralizando textos ou comentarios en galego”, sinala Luís Pérez Rodríguez na biografía que lle dedicou. Na cidade había un gran ambiente teatral, ademais dunha ampla colectividade galega como público potencial, pois era a época de emigración masiva a América. O condutor do programa, Núñez Búa, viviu sempre nun contorno galeguista.
Observacións:
É un programa dirixido a toda a colectividade española emigrada en Arxentina pero con contidos regulares relacionados con Galicia a cargo principalmente de Manuel Núñez Búa e Fernando Iglesias 'Tacholas'
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Jesús J: Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985), Tese de Doutoramento dirixida polo Catedrático Xavier Castro, Universidade de Santiago de Compostela, 2015, pp. 172-178.
COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio. Diccionario biobibliográfico de escritores gallegos. Vol. 2. Editorial Bibliófilos gallegos, Santiago de Compostela, 1952, p 492.
PÉREZ RODRÍGUEZ, Luís: Fernando Iglesias “Tacholas”. Un actor auriense na Galicia ideal. Ediciós do Castro, Sada (A Coruña), 1996, pp. 34 e 128-129.
VILANOVA RODRÍGUEZ, Alberto: «Emisiones radiales». Los gallegos en la Argentina. Vol. 2, Ediciones Galicia, Bos Aires, 1966, p. 1422.