Radiodifusión galega na emigración

----

Galicia en América

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Entidade promotora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1972
Fin:
1983
Condución
Segundo Pampillón;
Periodicidade:
semanal
Idioma:
castelán
Extensión:
17:30
Financiamento:
Centro Galego de Bos Aires.
Contido:
Programa galego preparado e realizado polo Instituto Arxentino da Cultura Galega, entidade encadrada no Centro Galego de Buenos Aires. Representou unha nova xeira nas actividades radiofónicas do Centro Galego grazas ás maiores posibilidades da emisora LRA. Esta superaba en difusión á emisora que acollera as Jornadas Patrióticas, pois contaba con vinte filiais, ademais da súa delegación principal en Bos Aires, o que permitía que puidera escoitarse nun amplo espectro territorial de Arxentina. Malia que na súa estrutura elemental a nova audición non experimentou modificacións significativas con respecto á súa predecesora, observáronse unha serie de novidades que marcan un certo distanciamento coa etapa anterior: adoptouse unha nova cabeceira, Galicia en América, modificouse lixeiramente a orde dos contidos e o espazo púxose baixo a condución de Segundo Pampillón, que levaba varios anos como profesional da radiodifusión en Arxentina e tivera un peso importante no apartado musical das audicións relacionadas con Luís Seoane.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago, 1995. p. 48.
FFERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Enrique: «Asociacionismo galego en Arxentina», en Asociacionismo Galego no exterior, T. I. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, p. 240.
CUPEIRO VÁZQUEZ, Bieito: A Galiza Alén Mar. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1989, p. 225
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 471-475.