Contido:
Sección galega dentro do programa tamén coñecido como La Audición Hispano-Argentina. Xunto con La Hora Iberoamericana de Núñez Búa era o único programa para a emigración española que incluía contidos relacionados con Galicia. Tiña unha compoñente musical moi marcada. Contaba con dous membros de orixe galega entre os seus membros máis destacados: o prestixioso compositor José Barreiro, que ademais de actuar coa súa orquestra dirixía o programa, e a cantante e artista Maruxa Villanueva.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 178-188.