Audición del Centro Lucense

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Entidade promotora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
[1957]
Fin:
[1967]
Dirección
Víctor Luís Molinari
Locución
María del Pilar Lebrón
Juan José Iñurri
Elsa Fernández
Condución
Luís Seoane
Víctor Luís Molinari
Música
Víctor Luís Molinari
Colaboración
Luís Seoane
Periodicidade:
semanal, os xoves (ata febeiro do 59) e martes (1967)
Idioma:
castelán
Extensión:
25 minutos (21:30-21:55)
Contido:
Programa galego. Luís Seoane estaba a cargo dos temas históricos e artísticos e colaborou tamén con notas literarias no labor do poeta Víctor Luís Molinari. Segundo Ricardo Palmás tiña practicamente o mesmo equipo que a audición dominical Galicia Emigrante. Palmás explicaba detalladamente que "ao lermos a escolma de Braxe e Soane sospeitamos que nas carpetas que estes usaron para o seu traballo están misturados os textos de ambas as duas, ainda que nas copias que se distribuían aos radiofonistas ia discriminada a audición de que se trataba. Isto explicaría que na primeira antoloxía de textos de Galicia Emigrante feita polo propio Seoane, este falara de 850 notas e os dous antólogos se refiran a 1337, 487 máis. Lembramos claramente que Galicia Emigrante case nunca tiña máis dunha crónica introductoria e, por tanto, aquelas que restan deben ser, na maior parte, da outra audición". Coa axuda dun calendario perpetuo verificamos os días correspondentes ás datas incluidas no final de cada crónica. Datas que non indican, por certo, cando foron redixidas. Dos sesenta e dous roteiros incluidos no primeiro apartado no libro de Braxe e Seoane, apenas quince corresponden a domingos, cando se emite Galicia Emigrante e o resto, os xoves, mércores e martes, con absoluto predominio destes últimos. So unha está datada o lúns. Continúa reforzando a opinión baseándose en que moitas delas están referidas a actividades no Centro Lucense. Esta audicíón segundo Ricardo Palmás tiña a Seoane coma principal autor. Sinala que non hai referencia dela na escolma de textos radiáis de Galicia Emigrante realizada por Lino Braxe e Xavier Seoane. Esta audición debeu durar preto de dez anos entre mediados da década de 1950 e a seguinte. A súa estrutura era semellante a Galicia Emigrante.
Referencias bibliográficas:
PALMÁS CASAL, Ricardo: A Nosa Terra 399. 14 de decembro de 1989. p. 17.
PALMÁS CASAL, Ricardo: «Seoane: Figura de home en luita». Cadernos do Laboratorio das Formas de Galicia 7. 4 notas sobre Luís Seoane cun apéndice fotográfico. 1994, p. 48.
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 338-348.
BLANCO ROSAS, JESÚS: «Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego. A pegada de Luís Seoane». A Nosa Terra, 2010.