Galicia Emigrante

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1954
Fin:
1971
Dirección
Luís Seoane; José Antonio Fernández;
Administración
José Antonio Fernández; Lois Tobío Fernández;
Condución
Luís Seoane; Víctor Luís Molinari; Carlos Arturo Orfeo;
Locución
Carlos Arturo Orfeo; María del Pilar Lebrón;
Presentación
Víctor Luís Molinari;
Música
Segundo Pampillón;
Periodicidade:
semanal (domingos)
Idioma:
castelán
Extensión:
25 minutos (14:05-14:30). Porén Palmás na súa investigación fala dunha hora de duración.
Contido:
Programa galego promovido por Luis Seoane. As crónicas eran redactadas por Seoane, mentres que Victor Luís Molinari e Carlos Arturo Orfeo eran os encargados de pórlle voz. Estas crónicas estaban redactadas integramente en castelán. A temática da audición sempre estivo vencellada á cultura e á historia de Galicia. Existiu tamén unha estreita relación da audición co programa Galicia Emigrante. Seoane chegou a afirmar que a audición era o suplemento do programa. Prestou un apoio decidido a todas as editoriais promovidas por galegos na Arxentina. A audición emitiuse en distintas etapas en Radio Libertad, Radio Porteño e Radio Argentino sucesivamente entre 1954 e 1971.
Publicidade:
Javier Vázquez Iglesias Praty Vázquez Iglesias
Referencias bibliográficas:
«As audicións radiáis de Luís Seoane». A Nosa Terra, nº 399, Vigo, 14 de setembro de 1989, p. 17.
BLANCO ROSAS, Jesús José: Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego. A pegada de Luís Seoane. Promocións Culturais Galegas, Vigo, 2010.
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 280-337.
MOLINA, César Antonio: Prensa literaria en Galicia: 1920-1960. Edicións Xerais, Vigo, 1989.
PALMÁS, Ricardo: A emigración galega na Arxentina. Edicións do Castro. Sada (A Coruña), 1978, p. 29.