Radiodifusión galega na emigración

----

Postales gallegas

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Emisora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1960
Condución
Andres Rodríguez Barbeito;
Idioma:
castelán
Contido:
Programa galego. Audición para a galeguidade que se lle atribúe a Rodríguez Barbeito nun traballo publicado sobre el pola Fundación Pablo Iglesias que, ao parecer, tamén presentaba e dirixía. A práctica inexistencia de testemuñas sobre este programa, á marxe das que ofrece a nota sobre Barbeito da FPI, non permitiu coñecer datos como a súa cronoloxía, horario de emisión, compoñentes e outros aspectos que darían pe á elaboración dun perfil máis definido. Por outra parte, este encabezamento era utilizado asiduamente polas revistas galegas da época para identificar seccións fotográficas nas que aparecían paisaxes ou monumentos galegos, que se acompañaban case sempre con breves comentarios ao pe nun ton evocativo ou poético. Considerando que fosen estes os seus contidos, probablemente non se tratara dun programa de longa duración senón dunha sección integrada nunha audición para a colectividade española ou Iberoamericana.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 430.
PEREIRAS, Alberto: «Andrés Rodríguez Barbeito». Texto publicado na páxina web da Fundación Pablo Iglesias (consulta 18-6-2014).