Radiodifusión galega na emigración

----

Recorriendo España

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Entidade promotora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1986
Condución
Antonio Mínguez Hermida; Xosé Luís López Garra;
Periodicidade:
semanal (sábados)
Idioma:
castelán
Extensión:
120 minutos (13:00-15:00 horas por Radio Excelsior e Radio Splendid; 17:00-19:00 por Radio El Mundo)
Contido:
Contidos e seccións galegas. Inclúe a sección "Noticias sobre Vedra". Transmitía unha vez por semana por tres emisoras simultaneamente. Como se indicaba na cabeceira de presentación era un espazo que ofrecía “música, cultura e información” e tiña o obxectivo de crear “un puente de unión entre Argentina y España”, manténdose aberto a todas as colectividades desta procedencia, xa fosen galegos, cataláns, vascos ou de outras comunidades autónomas do Estado, pois reproducindo de novo as verbas do locutor era este “un tiempo de radio que Argentina le dedica a los pueblos de España unidos por tradición, historia y cultura”. A maior parte do programa realizábase desde Bos Aires, onde contaba coa participación de diversas sociedades de emigrantes, concretamente do Centro Galego de Rosario, da Asociación Centro del Partido de Carballiño e da Sociedade Parroquial de Vedra, que lle facilitaban novas e outros contidos relacionadas cos seus respectivos colectivos. Pero tamén se mantiña a unión coa Galicia territorial a través de Antonio Mínguez, quen informaba desde Vigo do que acontecía na metrópole.
Publicidade:
Conseguida polo produtor entre empresas e negocios galegos.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 524.
FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Enrique: «Asociacionismo galego en Arxentina», en Asociacionismo Galego no exterior, T. I. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, p. 155.