Sin distancias

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1984
Fin:
1989
Compoñente
Delmiro Boente Rodríguez
Luís de la Calle
Condución
Antonio Mínguez Hermida
Luís de la Calle
Colaboración
María Angélica Cupiec
Antonio Mínguez Hermida
Produción
Xosé Luís López Garra
Periodicidade:
semanal (sábados)
Idioma:
castelán
Extensión:
60 minutos (Galicia: 17:00-18:00; Bos Aires: 13:00-14:00)
Contido:
Programa con cobertura en Galicia e en Arxentina. Destinado á comunidade galega arxentina e aos familiares dos emigrados en Galicia. A súa finalidade era intercomunicar as audiencias de Galicia e Arxentina por medio da radio creando o primeiro programa transcontinental. A condución arxentina correu a cargo de Luís de la Calle, mentres que en Vigo colaboraban Antonio Mínguez Hermida e María Angélica Cupiec. Xunto a eles interviñan na produción o empresario e xornalista Xosé Luís López Garra, o avogado Delmiro Boente Rodríguez e o propio Luís de la Calle. Propiciou reencontros familiares e trasmitiu informacións de importancia como a chegada dos restos de Castelao a Santiago, a inauguración do busto en honra do xeneral arxentino San Martín na Estación Marítima de Vigo ou a concesión do Premio Cervantes a Ernesto Sábato, quen o soubo pola emisora. Unha vez finalizado queda como testemuño seu a celebración dalgúns actos vencellados coa República Arxentina celebrados en Vigo, como a homenaxe anual a Carlos Gardel, a cal naceu ao abeiro da emisión.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís:Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995, pp. 54-56.
FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Enrique: «Asociacionismo galego en Arxentina», en Asociacionismo Galego no exterior, T. I. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, p. 150.
MÍNGUEZ, Antón: Miguel Naselo, un hombre para el recuerdo. El Correo Gallego. 20 de Setembro de 1994.
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 523-524.