Radiodifusión galega na emigración

----

Hora Once

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Emisora:
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1962
Fin:
1968
Dirección
Lorenzo Varela;
Presentación
Lorenzo Varela;
Colaboración
Luís Seoane;
Idioma:
castelán
Extensión:
1 hora (23:00-00:00)
Contido:
Condutor e colaboradores galegos neste programa de carácter cultural promovido pola familia Mitre. Tiña unha marcada vocación internacional pois durante a súa permanencia en antena esta audición contou cun selecto e variado grupo de intelectuais de diversos ramos e nacionalidades o que fixo que acadase unha grande transcendencia social dentro e fora do país pratense. O seu nome de cabeceira facía referencia ao horario de emisión do programa. Comezou emitíndose en Radio Mitre. Os Mitre eran unha casta de empresarios da comunicación que contaba con diversos medios sobranceiros na capital porteña, entre os que destacan o diario La Nación, no que traballaron Varela e Seoane previamente á súa coincidencia na radio. Posteriormente, o programa pasou a emitirse por Radio Excelsior, onde se mantivo ata o seu peche definitivo. Na disposición e organización dos seus contidos Hora Once adoptaba o formato de radiorevista cultural, que, como se veu no transcurso desta obra, era tamén o un dos máis habituais no universo radiofónico arxentino, circunstancia que probablemente motivou que fose tamén o máis utilizado pola maioría das audicións promovidas pola colectividade galega. Sobre a súa temática, unha publicidade moi difundida pola prensa da época presentaba o espazo de Varela con estas verbas: “Armado con técnica periodística correspondiente a un semanario, con todas las secciones del mismo menos política. En sus páginas, la música sustituye a los grabados”.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 443-453.
SALGADO, Fernando: «Acougo e serenidade. A nacionalidade galaico-criolla do intelectual». Capítulo XXXI de Lorenzo Varela: A voz desterrada. Ediciós do Castro, Sada-A Coruña, 2005, p. 303.