Contido:
Programa de contidos filosófico-literarios con condutor galego. Non era galego nin o programa nin a temática, agás algunha crónica puntual sobre Galicia ou a emigración galega. Malia a súa brevidade tivo éxito de audiencia e unha certa repercusión social que deben atribuírse ao bo facer do seu guieiro, quen dotou este espazo de calidade intelectual sen perder o carácter ameno.
Xavier Bóveda estivo a cargo dunha segunda audición que tampouco era galega, Cartas a una mujer, na que tamén trataba temas diversos.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 195-210.
BÓVEDA, Xavier: Tertulias Literarias. Cabault & CIA, Bos Aires, 1935.
BÓVEDA, Xavier: Belezas locais, bohemia e aventura emigrante: colectánea de textos inéditos. Estudio introdutorio, Luís Martul, Carmen Luna, María Golán. Consello da Cultura Galega, Sección de Cultura Galega no Exterior, Arquivo da Emigración Galega, Santiago de Compostela, 2002.