Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Data de inicio:
15/5/1958
Condución
Andres Rodríguez Barbeito;
Periodicidade:
semanal (mércores)
Extensión:
indeterminada (comezaba arredor das 16:00 horas)
Financiamento:
Xosé Ramallo (industrial galego).
Contido:
Programa galego promovido por Andrés Rodríguez Barbeito. Iniciou o seu percorrido polas ondas bonaerenses case coincidindo coa posta en antena do programa do Centro Lucense de Bos Aires no que participaba Seoane, que se produciría dez días despois. Entre fitos destacados dos seus primeiros meses de funcionamento cóntase unha actuación da coral Brétemas e Agarimos, que incluía a participación no programa de Rodríguez Barbeito como parte das múltiples actividades coas que estaban a conmemorar por esas datas o seu quinto ano de existencia. O historiador Alberto Vilanova relacionaba o activismo combativo de Galicia en el aire coa personalidade do seu principal impulsor: “Hombre de lucha, hizo de su audición un pregón de rebeldía y un heraldo de libertades”. Pola súa parte, Xosé Neira Vilas, ao lembrar este espazo no seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, resumía con estas verbas a súa liña de editorial: “se defendían os valores históricos do noso país e se fustrigaba ao franquismo”.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X.L: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago, 1995. pp. 48-49.
VILANOVA RODRÍGUEZ, Alberto: Los Gallegos en la Argentina. Tomo II. pp. 1423-1424.
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 428-430.