Itinerario Espiritual de Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Bos Aires
País:
Arxentina
Inicio:
1954
Fin:
[1959]
Condución
Ramón de Valenzuela
Periodicidade:
semanal (sábado)
Extensión:
1 hora (21:00-22:00) c.i.
Contido:
Programa galego. Antes de que o Centro Galego de Bos Aires puxera en funcionamento o seu Instituto Arxentino da Cultura Galega, creárase en La Plata, capital da provincia de Bos Aires, unha entidade co mesmo nome, pero sen ningunha relación coa súa homónima. A este primeiro Instituto Arxentino se lle atribúe a posta en antena en maio de 1954 dun espazo dominical denominado Itinerario Espiritual de Galicia, o cal, segundo as referencias que existen sobre el se mantivo en antena a través de Radio Splendid ata aproximadamente 1959. Antonio Méndez Verdasco, xornalista arxentino fillo de galegos e investigador interesado na emigración galega en Arxentina con destacadas achegas, definía con estas verbas os obxectivos fundamentais cara aos que se orientaba o programa: “exaltar as tradições, história, belezas naturais, progresso económico e cultura”. Tamén fixera referencia a este espazo Manuel Padormo, quen na súa Historia del Centro Gallego de Buenos Aires chegaba a consideralo, un tanto metaforicamente, complementario de Galicia Emigrante, de Luís Seoane.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, pp. 475-476.
MÉNDEZ BERDASCO, Antonio: Contributo para a história da emigraçom galega na Argentina. Editorial Dunken, Bos Aires, 2005, p. 138.
PADORNO, Manuel: Historia del Centro Gallego de Buenos Aires. Bos Aires, Ediciones Galicia, 2008, p. 350.