Radiodifusión galega na emigración

----

os galegos Nos

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Subtítulo:

Galiza como nación

Lugar:
Lanús
País:
Arxentina
Inicio:
1999
Fin:
2000
Dirección
José Martínez Romero;
Produción
José Martínez Romero;
Periodicidade:
semanal (sábados)
Idioma:
galego
Extensión:
60 minutos (17:00-18:00)
Contido:
Programa galego, trátase dun magazine cultural de adscrición galeguista, dirixido e producido por Xosé Martínez Romero. Psicólogo de Familia, activista cultural en pro de Galicia e profesional en diversos medios de comunicación, a súa presenza neste espazo marcou unha sorte de retorno ás audicións “comprometidas” do exilio. De feito tiña con elas puntos de contacto, pois na súa xuventude Martínez Romero coñecera o matrimonio Seoane e tomara parte en institucións para a promoción da cultura galega alén mar, como AGUEA e a Asociación de Argentinos Hijos de Gallegos, coa que tamén se relacionaron Neira Vilas e Anisia Miranda.
Referencias bibliográficas:
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 533.
http://www.vieiros.com/nova/7925/galegos-de-bos-aires (consulta 23-7-2013)