Contido:
Programa galego. Aparecen novas desta audición en Lugo no ano 1964. Estaba destinado ás colectividades galegas da cidade de Mar del Plata. En setembro de 1988 a emisora, grazas á colaboración de Aldy de Cádiz, ofreceu en conexión directa coa radio galega o programa Galicia no Mundo.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995. pp. 59.
BLANCO ROSAS, Xesús (2014): Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1985) (Tese de doutoramento). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia Contemporánea e de América, p. 476-478.