Polos camiños de Galicia

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Fortaleza
País:
Brasil
Inicio:
1991
Dirección
Adauto Leitão Jr
Presentación
Adauto Leitão Jr
Colaboración
Verónica Barbazán
Periodicidade:
mensual (primeiro domingo de cada mes)
Extensión:
60 minutos (16:00-17:00)
Contido:
Programa galego. Segundo Blanco Campaña trátase dunha emisión que dirixe e presenta Adauto Leitão Jr, coa participación da profesora de orixe galega Verónica Barbazán, coordinadora dos cursos de lingua galega que se imparten na Universidade de Ceará, coa colaboración do ILGA e a Xunta de Galicia. A partir dos cursos xurdiu a idea de facer este programa en lingua galega. O programa promociona a imaxe de Galicia e difunde a súa cultura e idioma.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X. L.: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995, pp. 61-62.
Créditos da colección:

Créditos

Base de datos:
Jesús J. Blanco Rosas
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
O autor deste repertorio realiza diferentes investigacións desde 1998 sobre as actividades comunicativas dos emigrantes galegos a través da radio. As súas achegas neste campo se recollen na tese de doutoramento “Historia da radio galega en Arxentina” (2015) e nas monografías Maruxa Boga. Recordando a Galicia (2018), dedicada a poñer en valor a figura de Maruxa Boga, pioneira da radio galega da emigración, e a lonxeva audición que conduciu en Bos Aires durante case corenta anos, e Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego (2010), sobre programa radiofónico e a revista Galicia Emigrante, de Luís Seoane así como na publicación de diversos artigos sobre o tema nos que xa se deron a coñecer parcialmente os contidos desta base de datos en revistas especializadas en historia e cultura de Galicia como Galaxia, Estudios Migratorios, Tempos e Luzes, así como outras posteriores aparecidas na revista Murguía.