Contido:
Programa galego. Segundo Blanco Campaña trátase dunha emisión que dirixe e presenta Adauto Leitão Jr, coa participación da profesora de orixe galega Verónica Barbazán, coordinadora dos cursos de lingua galega que se imparten na Universidade de Ceará, coa colaboración do ILGA e a Xunta de Galicia. A partir dos cursos xurdiu a idea de facer este programa en lingua galega. O programa promociona a imaxe de Galicia e difunde a súa cultura e idioma.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X. L.: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995, pp. 61-62.