Radiodifusión galega na emigración

----

[Emisións de X. Á. Gallego desde A Habana]

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
A Habana
País:
Cuba
Inicio:
[1939]
Fin:
[1941]
Compoñente
Xerardo Álvarez Gallego;
Extensión:
1939-1941
Financiamento:
Dado o carácter electoralista destas intervencións radiofónicas o máis probable é que estiveran financiadas pola Hermandad Gallega de la Habana.
Contido:
Probablemente se trata dunha conferencia radiofónica puntual coa intervención de Castelao e non dunha audición regular conducida por Xeraldo Álvarez Gallego.
Observacións:
Unha nova publicada no diario cubano Pueblo o 7 de xaneiro de 1939 informaba da participación de Castelao nunha conferencia radiofónica, enmarcada nun acto en apoio da candidatura da Hermandad Gallega de la Habana ao Centro Galego, da que Xerardo Álvarez Gallego era o presidente. O evento se ía desenvolver ao día seguinte na sede do Centro Galego e estaba prevista a intervención de Soto, La Villa e do propio Álvarez Gallego, de quen se indica que conducía unha audición, pero sen concretar máis datos nin tampouco se era de temas galegos ou correspondía a outro ámbito. Neira Vilas citaría esta referencia na súa obra "Castelao en Cuba" (1983). Pola súa parte, Yolanda Vidal Felipe sinalaba, no seu traballo "El Centro Gallego de La Habana durante y después de la Guerra Civil" (2009) que La Hermandad Gallega de La Habana viña realizando unha intensa campaña para as eleccións de 1941 a través do seu voceiro "Loita" e que tamén interveu varias veces pola radio , sempre en relación có referido proceso electoral, nos que esta organización se presentaba como candidata.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X.L: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de galicia. Santiago de Compostela, 1995, pp. 37-39.