Contido:
Contidos galegos no programa. En 1995 Blanco Campaña contaba o seguinte: "Desde a súa fundación a Radio Galega ven colaborando con tódolos medios ó seu alcance para estar presente na Galicia exterior. A lexislación vixente non lle permite emitir directamente fóra do territorio de Galicia, pero esta situación non é obstáculo para que a voz da radio pública de Galicia se escoite no exterior con gravacións, programas especiais e crónicas informativas directas dos seus profesionais.
A radio galega, que conta cun servicio exterior destinado exclusivamente a este fin, ten utilizado varias fórmulas para facerse presente entre as colectividades galegas do mundo. Chegou a enviar un equipo de reporteiros, co popular Luis Rial á fronte para face-la Volta Galega a España e a Volta Galega a Europa, percorrendo os máis importantes Centros Galegos, mantivo durante tempo un servicio permanente de envío de programas gravados de sociedades galegas, e agora mesmo, co seu Servicio Exterior, atende a demanda dos diferentes programas galegos que se emiten polo mundo adiante, sexan informativas ou de espacios determinados da programación que a Radio Galega emite para Galicia."
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995. p. 85-86.