Morriña [ERGAC]

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Emisora:
Emisora:
Lugar:
Barcelona
País:
España
Data de inicio:
11/9/1990
Ano de inicio:
1990
Dirección:
Periodicidade:
semanal (luns)
Idioma:
galego
Extensión:
120 minutos (20:00-22:00 horas)
Contido:
Programa galego. Comezou a súa andaina o 11 de setembro de 1990 en Ràdio Verdum. Leva emitidas máis de mil edicións de "Morriña", que durante doce anos saíu na sintonía de Ràdio Nou Barris e a partir de 2002 na de Radio Unión Catalunya. Polo programa pasaron unha chea de alcaldes de concellos galegos, artistas, cantantes, actores, intelectuais, escritores... Todos aqueles persoeiros representativos do mundo galego, tanto de Galicia coma de Catalunya. O programa deixou de emitirse temporalmente mais voltou ás ondas. Con máis de 1.300 programas, "Morriña" é o espazo de ERGAC con máis horas de emisión. Ao seu condutor, o ourensán Manolo Piñeiro, nado na parroquia do Castro, pertencente ao extinto concello de Canedo, na provincia de Ourense, entroulle o interese pola radio cando, como moitos outros restauradores galegos, comezou a colaborar nunha emisora local proporcionando receitas de cociña. Pero non quedou aí a cousa, porque o 11 de setembro de 1990, Diada Nacional de Catalunya, saía en antena co seu propio programa, "Morriña", dirixido á comunidade galega. Gústalle contar que nos seus comezos só dispuña de catro discos de música. Ata que día unha muller chamoulle á atención en directo por repetir sempre as mesmas cancións e, tras facer un chamamento aos oíntes, nunha semana xuntou máis de cen entre discos e casetes. O programa de Manolo Piñeiro sempre está animado por un bo número de colaboradores, no estudio ou ao teléfono, entre os cales non queren subliñar diferencias, podendo atopar desde unha ama de casa ata un catedrático, pasando por oficinistas, medicos, abogados, policias, choferes de ambulancias e taxistas, etc.