Aturuxos [ERGAC]

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Lugar:
Barcelona
País:
España
Inicio:
[1999]
Periodicidade:
semanal (luns)
Extensión:
120 minutos (20:00-22:00 horas)
Contido:
Programa galego. Magazine emitido en Ràdio Ciutat Vella os luns ás 20h. Aturuxos quere transmitir contidos diversos —cultura, política, novas...— dun xeito divertido, co toque de humor dado cada semana por Xosé Manuel e Alberte Fernández Montes. Anos antes o programa estivera dirixido por Ana Belén Real e mais por Eduard del Castillo Velasco, un catalán sen ascendencia galega interesado dende hai moito tempo pola lingua e a cultura do noso país. O programa tamén contou coa colaboración do profesor Xosé Antón Pérez Bouza, que traía a literatura galega ao programa ou mesmo Antón Fernández, encargado da realización do “Especial Eleccións 16-N” nas sedes dos partidos a mesma noite electoral. Todo o programa aparece amenizado coa música e coas sorpresas que van xurdindo. O programa incluíu colaboradores e corresponsais que informan dende Cataluña ou dende Galicia, como a crónica semanal da actualidade social, cultural e política realizada por Antón Fernández, corresponsal de ERGAC en Galicia.
Referencias bibliográficas:
http://www.ergac.org/atur.html
http://ergac.org/ergacpress/?page_id=10
Créditos da colección:

Créditos

Base de datos:
Jesús J. Blanco Rosas
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela.
O autor deste repertorio realiza diferentes investigacións desde 1998 sobre as actividades comunicativas dos emigrantes galegos a través da radio. As súas achegas neste campo se recollen na tese de doutoramento “Historia da radio galega en Arxentina” (2015) e nas monografías Maruxa Boga. Recordando a Galicia (2018), dedicada a poñer en valor a figura de Maruxa Boga, pioneira da radio galega da emigración, e a lonxeva audición que conduciu en Bos Aires durante case corenta anos, e Galicia Emigrante. Prensa e radio no exilio galego (2010), sobre programa radiofónico e a revista Galicia Emigrante, de Luís Seoane así como na publicación de diversos artigos sobre o tema nos que xa se deron a coñecer parcialmente os contidos desta base de datos en revistas especializadas en historia e cultura de Galicia como Galaxia, Estudios Migratorios, Tempos e Luzes, así como outras posteriores aparecidas na revista Murguía.