Radiodifusión galega na emigración

----

algo máis [ERGAC] Galiza

Colección: Radiodifusión galega na emigración;
Emisora:
Lugar:
Barcelona
País:
España
Inicio:
1994
Periodicidade:
semanal (sábados)
Extensión:
60 minutos (17:00-18:00 horas)
Contido:
Programa galego. Naceu no ano 1994 baixo a dirección de Moncha Prieto, daquela tamén presidenta de ERGaC. Moncha conseguiu a colaboración do Servizo de Radio Exterior da Radio Galega, e tivo no programa como colaboradores habituais a Manuel Mandianes e César del Caño, entre outros. En 1995 ela voltou a Galicia deixando a dirección do programa en mans de Xosé M. Sancho e de Antón Fernández. Colaboraron desde entón César Guzmán desde Lugo, Bieito Romero desde A Coruña ou o músico Iago Mejuto. O ano 2001 o programa fixo unha pausa para voltar ás ondas no 2003, dirixido por Antón Fernández, en Sants 3 Ràdio. O seguinte director foi Suso Mon, un informático galego e apaixonado lector, que contou con dous colaboradores habituais, Helena Dominguez e Martí Aviñoá, xunto aos que botar adiante dúas horas de contidos amplos. Co gallo do accidente do Prestige incorporouse tamén ao equipo Xosé Manuel Conde, profesor de ciencias e membro de Furafollas Agrupación Teatral, que no espazo “Ondas Negras” informou da situación da costa galega logo do afundimento do petroleiro. A literatura galega tamén ten contado con presenza, cada sábado da man do director Suso Mon co espazo semanal “Letras galegas”. O equipo encargouse da cobertura informativa da manifestación do 23 de febreiro do 2002 en Madrid, en protesta pola marea negra. Durante a tempada 2004-2005 o programa traballou para achegar toda a actualidade político-social de Galicia á cidadanía catalá. Desta maneira, todos os sábados o programa incluía dúas ou tres entrevistas con escritores, políticos ou ben a persoas que estan de actualidade. Tamén fixo un Especial Eleccións Galegas 2005. Destaca o labor do produtor, Martí Aviñoà. No ano 2007, o programa recibiu o segundo premio entre os mellores programas de radio en galego feitos na Galicia exterior.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, Xosé Luís: Radio e prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995. pp. 80.
http://www.sants3radio.cat/programes.php?view=1&id=20
- http://ergac.org/ergacpress/?page_id=18