Contido:
Programa galego promovido por Ramón López Pérez, Rosa Reboredo e Xosefina González. Espazo pioneiro da radio en galego en Catalunya que contou cun informativo da Radio Galega. A directora da emisora, inaugurada no 1981, foi Montserrat Pérez. O programa comezou baixo a dirección de Ramón López. Dirixido e presentado por Xosé Lamela a partir do ano 2000, tivo un centenar de colaboradores desde Galicia. Directores posteriores foron Pilar Carracelas e David López, con colaboracións do poeta Paco Rivas, o mestre Xulio Simón, Xosé Lamela, etc. O programa informa sobre a actualidade musical galega cun un toque de humor. Tamén da a coñecer novas sobre literatura, cultura popular, novas tecnoloxías e ensino.
Referencias bibliográficas:
BLANCO CAMPAÑA, X.L: Radio e Prensa na Galicia Exterior. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 1995, p. 80.
SIXIEREI PAREDES, Carlos, CAMPOS ÁLVAREZ, Xosé Ramón e Enrique Fernández Martínez: «Asociacionismo galego en España», en Asociacionismo Galego no Exterior, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2001, p. 369.